Pesquisar neste blogue

sábado, 22 de outubro de 2022

Crónicas dunha desmemoria (12)

Durante o reinado dos Reis Católicos levouse a cabo en Galicia o que aparece recollido nas crónicas como ‘doma’, é dicir, a eliminación de todo aquilo que lle daba identidade ao noso pobo e que, polo tanto, supoñía un perigo para o ideal de territorio unificado que buscaban Isabel e Fernando. 

Para conseguir esa unificación substituíron ás elites dirixentes do país por outro señorío chegado de fóra, instauraron institucións centralizadoras, e impuxeron o castelán como lingua oficial.

 

Crónica dunha desmemoria (11)

As revoltas irmandiñas foron a primeira gran revolución social europea. Neste episodio histórico entenderemos por que se levantou todo o pobo contra os señores feudais derrocando os seus castelos e tomando o poder. E o que é máis importante: Que significou para o noso pobo a derrota dos miles de homes e mulleres que quixeron loitar contra os abusos dos tiranos.

 

A gramática de peto

Na web de profesgalegas podedes atopar un lote de recursos moi interesantes. Moitas grazas!!!


A fonética galega

 

A ver se es quen de resolver este Quizz:

domingo, 16 de outubro de 2022

Crónicas dunha desmemoria (10)

Por que fracasaron todas as tentativas para volver a unirnos con Portugal e por que non foi aceptada como raíña Inés de Castro, recordada pola lenda como a raíña cadáver, xa que foi coroada despois de morta.

Cuestións varias sobre a literatura medieval

Crea o teu nome con letras medievais: preme aquí.

Aquí tes información moi detallada para repasar o tema:  http://inmaculadamarin-lingua3.blogspot.com/p/literatura-medieval.html

Nesta ligazón podes practicar sobre a cantiga de amigo e a cantiga de amor.  Anímate!!!

Quizz para sabias! A ver canto sabes: literatura medieval.

 

PRINCIPAIS CAMBIOS NA EVOLUCIÓN DO LATÍN AO GALEGO


a) En posición inicialf- > h- (mantense): filius > fillo.
b) Perda das finais (excepto -l e -s): numquanunca; si> sí; capucabo. 
c) semiconsonántica (seguida de vogal) > xiustum > xusto; iam > xa. 
d) Sonorización de oclusivas sordas entre vogais (p, t, c, qu > b, d, g)caput > cabo; vitam > vida;
             lacum > lago
e) Simplificación de consonantes xeminadas (dobres): occultare > ocultar; sagitta > saeta; affectus > afecto.
f) pl- cl-  fl-> ch-plenum > cheo; clavem > chave; flammam > chama.
g) -ct -it-noctem > noite; cultellum > coitelo. 
h) -mn--nn--gn- > -n- /-ñ-autumnum > outono; annum > ano; pugnum > puño. 
i) -x- [ks-x-fixum > fixo.
l) s- inicial seguida de consonante > es-scutum > escudo; sperare esperar; studere > estudar.
m) Sonorización de oclusivas sordas entre vogal e -r (pr, rt, cr > br, dr, gr)Aprilem > abril; petram >pedra; lacrimam > lágrima.
n) -li- > -ll-: folia > folla.
ñ) -ni- > -ñ-seniorem > señor.
o) -ti- -ci- > -z-/-ci-navigatio > navegación; malitiam > maleza; minacia > ameaza.


Historia de Galicia, capítulo 5: lingua de reis, lingua do pobo.