Pesquisar neste blogue

segunda-feira, 26 de setembro de 2022

Como se cita o material multimedia?

Aquí podedes ver como se cita o material multimedia, tanto propio como alleo. Lembrade que todo material ten a súa propietaria. PDF.



Os castelos (I)

Os castelos é un novo programa da TVG. Nel podemos ver recreacións de castelos destruídos ou perdidos e tamén a súa historia que é a historia de Galicia. Nel reflíctese o poder dos señores feudais.

O primeiro programa podedes velo nesta ligazón, está dedicado ao castelo de Pambre.

Proceso de restitución 3D do castelo da Rocha Forte, en Santiago de Compostela, fortaleza que foi destruida completamente polos Irmandiños no ano 1467 e prácticamente esquecida e abandonada ata 2001, ano no que se comezou o seu estudo e escavación arqueolóxica:


Crónicas dunha desmemoria (capítulo 2)

Na segunda crónica imos saber como chegan os suevos a Galicia en plena descomposición do imperio romano, e por que cambian as espadas polos arados e se instalan durante varios séculos nestas terras, onde constitúen o primeiro estado de toda Europa. A eles debémoslle a primeira moeda que se acuñou, a división do territorio en parroquias e a conversión ao cristianismo, que xa quedaría instalado como credo oficial.