Pesquisar neste blogue

sexta-feira, 8 de março de 2024

Día Internacional da Muller

Neste curso Bibliotecas Escolares de Galicia escolleu o tema de Unha biblioteca escolar en viñetas para darlle visibilidade á banda deseñada e fomentar o traballo arredor do cómic e do álbum ilustrado.


O EDLG e Bibliomoas decidimos que a nosa habitual homenaxe ás mulleres traballadoras no 8M ía xirar arredor de personaxes femininas da BD ou da ilustración, o que nos serve tamén para conmemorar o Día da Banda Deseñada o 18 de marzo. 

E velaquí tedes o resultado: unha exposición ben comiqueira e que estará exposta estas semanas tamén no vestíbulo de entrada ao instituto para que toda a comunidade educativa poida coñecer varias figuras feministas e empoderadas que transitan e transitaron con forza nas páxinas dos cómic.

Parabéns a todas as mulleres neste noso día!! 

segunda-feira, 4 de março de 2024

Proxecto Reino da Galiza

Rematamos un proxecto fantástico noso instituto! 

Grazas a Raquel Germade, Xoán Curiel a Carlos Freire que se achegaron para traernos parte da nosa historia a través deste marabilloso proxecto sobre o Reino de Galicia. Foi diferente e interesante asistir ao concerto participativo e ir vendo aos poucos como se desenvolvía o mural. Unha experiencia que pensamos que será inesquecible!  

E grazas a Paula e a Adrián pola fantástica entrevista que lle fixeron a Xoán (estade pendentes que en breve vos ensinaremos un bocadiño!)

#CertameFondodeproxectosculturaisReinodeGalicia

#deputaciondacoruña #xoan_curiel #raquel_germade #Bleuennlefriec #ReinodeGalicia #ACulturaÉUnDereito #EducaciónTransformadora




Momentazos do concerto coas nosas colaboradoras. Grazas!!!







O salón de actos cheo:






Parte das nosas artistas colaboradoras con Xoán e Raquel. Grazas!!!!:




Visitamos o proceso de creación do mural que nos explica Raquel:




E aquí o resultado final do mural. Precioso!!!: