Pesquisar neste blogue

quinta-feira, 28 de dezembro de 2023

Casa Museo Picasso

 Tiñamos pendente publicar esta visita fantástica á Casa Museo Picasso da man d´Os náufragos teatro a través do proxecto VINTE 23. Visións, soños e mentiras.

O mellor é que sexan as vosas palabras as que opinen:

Encantoume como contaban a historia e o teatro (R.M.)

Aprendín como era a vida na Coruña e un pouco máis sobre Picasso (G.M)

Foi unha actividade moi entretida e interesante que nos deu moita información sobre a forma de vida e as obras que antes descoñeciamos sobre un pintor tan icónico como Picasso que tamén deixou marca na historia da Coruña. A mellor parte da excursión foi a representación do que lle ocorreu á irmá de Picasso (M.F.)

O que máis me gustou foi a actuación de Conchita cando morría, cando ían cunha máscara de touro e tamén me gustou moito a actuación de cando foi o médico á casa de Picasso para ver como estaba a súa irmá e o tratamento que lle ían dar (L.L.)

O que máis me gustou foi cando tivemos que construír unha pomba de origami (D.L.)

Pareceume unha experiencia moi interesante e diferente ao que facemos normalmente (E.I.)

Encantaríame ter máis oportunidades coma esta para aprender máis sobre personaxes históricos galegos (C.N.)

 




 

 

 

 

 

Deixamos aquí un pequeno vídeo cheo de momentos para a lembraza despois das vosas valoracións tan positivas.

quarta-feira, 20 de dezembro de 2023

Traballo de lectura de 1º ESO

Podedes escoller entre os seguintes:

As meigas de Lupa de María Solar.

O castañeiro de abril de Antonio Manuel Fraga.

Os Megatoxos e o aprendiz de druída de Anxo Fariña.

Propoño dúas opcións de tarefa (escollede 1) que despois teredes que expoñer na clase. Prazo límete de entrega: 26 de xaneiro.

1ª Proposta: Aproveito o vídeo tan chulo que fixo Vanesa para presentarllo ao seu alumnado no 1º trimestre. Grazas, Vanesa!

2ª proposta:

- Diario viaxeiro: esta é o outra opción de tarefa. Trátase de ir lendo e ir anotando os pensamentos, as sensacións, as accións, as viaxes... todo o que nos chame a atención dos personaxes e plasmar todo iso nun diario mesturando imaxes, textos, texturas... O obxectivo é o mesmo que o anterior poder saber o argumento do libro só con ler o diario.

Debedes realizar a lectura da novela e a escrita do caderno de viaxe en paralelo.

Escribide as reflexións que farían as personaxes, os sentimentos que lles espertaron, os momentos vividos, as opinións sobre un tema determinado, as discusións que tiveron...

Incluíde ilustracións, recortes, obxectos variados, fotografías, poemas, cancións que vos suxira, lettering, colaxes...

 ImagenImagenDiario de lectura: cuando la lectura se convierte en una vivencia

Traballo lectura (3º ESO)

 Día límite de entrega: venres 19 de xaneiro. Despois haberá que expoñelos na aula.

 Vouvos explicar un pouco máis a tarefa que debedes facer despois de ler o libro. Escollede unha das dúas.

- Knolling literario: o knolling é unha técnica fotográfica que consiste en escoller unha composición de obxectos dispostos de tal maneira que cada un estea a 90º entre si. Despois trátase de tirar unha fotografía cenital.

Nós imos facelo pero literario. Trátase de analizar e representar o libro que lemos mediante obxectos (mínimo 8) que simbolizan ideas, personaxes, espazos, accións, etc.

Buscade un espazo despexado e con luz, pode ser no chan, na mesa...

Observade todos os obxectos que tedes ao redor e pensade os que vos lembre o libro que queredes representar.

Colocádeos de forma ordenada coa mesma distancia entre un e outro, priorizade os obxectos en paralelo e nun ángulo de 90º graos visto desde arriba (perspectiva cenital), de tal forma que resuman o argumento do libro nun vistazo.

Sacade unha foto que me podedes enviar ao correo ou á aula virtual. 

Despois colocádeos nunha caixa ou similar para levar á clase e explicar todo o conxunto e os motivos da vosa elección.

 Knolling Literario, Gamificación en ESO: Colegio Bérriz Las Rozas Knolling Literario, Gamificación en ESO: Colegio Bérriz Las Rozas

Como hacer Knolling: el arte de organizar las cosas perfectamente

- Diario viaxeiro: esta é o outra opción de tarefa. Trátase de ir lendo e ir anotando os pensamentos, as sensacións, as accións, as viaxes... todo o que nos chame a atención dos personaxes e plasmar todo iso nun diario mesturando imaxes, textos, texturas... O obxectivo é o mesmo que o anterior poder saber o argumento do libro só con ler o diario.

Debedes realizar a lectura da novela e a escrita do caderno de viaxe en paralelo.

Escribide as reflexións que farían as personaxes, os sentimentos que lles espertaron, os momentos vividos, as opinións sobre un tema determinado, as discusións que tiveron...

Incluíde ilustracións, recortes, obxectos variados, fotografías, poemas, cancións que vos suxira, lettering, colaxes...

 

Poñede a data cada vez que iniciedes unha entrada.


 ImagenDiario de lectura: cuando la lectura se convierte en una vivencia

terça-feira, 12 de dezembro de 2023

Pílulas informativas (1º ESO)

 Aquí vai a información sobre o traballo do campo semántico que hai que facer este Nadal. Cada vídeo ten que ter mínimo 10 palabras do campo semántico que elixades.Tedes de prazo ata o día 12 de xaneiro de 2024.

Preme: pílulas informativas


Déixovos un par de modelos pero... xa sabedes: imaxinación e creatividade!!!!

Enviádeme as propostas a alumnadomeu@gmail.com ou por we transfer. Ánimo!!!!


segunda-feira, 20 de novembro de 2023

terça-feira, 14 de novembro de 2023

O substantivo

 Repasiño para a clasificación dos substantivos. Anímaste?

Aquí tedes máis repaso pero coidado!!! Hai algúns erros, seredes quen de recoñecelos? Anotádeos no caderno!

quinta-feira, 9 de novembro de 2023

Piale na prensa

 Un dos obxectivos do PIALE é a difusión. Neste caso agrademos ao Progreso a entrevista que nos fixo para o seu Terra Chá. Moitas grazas, Cristina Arias.

Se picades, podedes acceder á noticia: Progreso

quinta-feira, 26 de outubro de 2023

Piale em Porto!

 Bom dia!

Hoje está o dia saudoso. Deixo Un bocadinho da viagem em metro. 

Sabem qual é o rio que atravessa?

Sae de Porto e chega a... 

Sabem quem fez a ponte? 

E o nome dela? 



domingo, 15 de outubro de 2023

Piale en Porto

 Que semana máis intensa!!! Canto hai para facer!!

CLASES

As aulas son moi diferentes ás de aí por varios motivos. O primeiro é que estamos nunha Escola Profissional privada e polo tanto moi distinta ao ensino público. 

As clases en si son moi parecidas pero o comportamento do alumnado, para min e nesta escola, diferente a vós. Son moi educados pero impuntuais; están descentrados coas tecnoloxías... Hummm!!! 

VISITAS

Porto ten unha oferta cultural moi moi ampla. Fomos ao teatro, a exposicións, fixemos un roteiro sobre o poeta Eugénido de Andrade (intensísimo mais moi interesante!), charlas...

Porto é unha cidade de contrastes tanto nos bairros como pelas rúas. 

LINGUA

Estou a aprender moito cada día. A ver que vos parecen estas curiosidades:

. Uma vista de olhos: botar unha ollada xeral.

. Fazer botata: facer trampa. Pero coidado porque trampa é un mal amigo porque en portugués significa merda.

. Uma piada: facer unha broma, un chiste...

 É tudo muito intenso e passo pouco tempo aqui mas quando for, compartilharemos mas a experiência!!!!

Uma questão, qual acham que é o meio de transporte que mas usamos?

 

terça-feira, 10 de outubro de 2023

Piale en Porto

                                                                                             
Como xa sabedes estou nun Piale (unha especie de Erasmus para o profesorado) en Porto. Quero partillar con vós un bocadiño da miña viaxe e tamén un pouco da lingua portuguesa.
O primeiro día non comezou moi ben pois confundinme de hora e cando cheguei á Cidade da Cultura en Compostela, xa marcharan e tiven que ir até o Cuvi para apañar o autocarro. 
 
Despois da viaxe en bus chegamos ao restaurante onde xantabamos e alí xa parolei coas minhas companheiras e compaheiros. Cando rematamos fomos para a residencia e a seguir collemos o metro para baixar ao centro de Porto. A resisdencia está lonxe de todo. 
Visitamos uma cave com fados incluidos e a seguir paseamos pola beira do Douro. Olhade un bocadinho!
 

 

quarta-feira, 21 de junho de 2023

Andaina Barrañán-Sabón

 Grazas por este curso! Aquí vos queda un pequeno recordo da andaina de hoxe!

Lede moito e pasádeo ben!

Bo verán!!!!

quarta-feira, 3 de maio de 2023

Letras Galegas 2023: Francisco Fernández del Riego

 'Francisco Fernández del Riego, o que nunca se rendeu' é unha serie documental de seis episodios sobre o intelectual ao que a Real Academia Galega lle dedica o Día das Letras Galegas 2023, producida pola propia e institución e realizada pola produtora Miramemira co apoio económico da Xunta de Galicia e o Ministerio de Ciencia e Innovación.

quarta-feira, 19 de abril de 2023

Como na Coruña

 Este é un agasallo para o alumnado e as familias. Será unha lembranza desta experiencia. 

Non puxen nos créditos a música: "Valarés" de Brais Morá do seu traballo No maio do desespero.

"Bolboretas" de Aitana e o Himno Galego interpretadas polo coro de Moas que acompaña á banda DIJO4.

Moitas grazas!!!!!


 

 

 Este é un pequeno recordo do que vivimos en Como, Italia. Espero que vos guste!!!

 

quinta-feira, 23 de março de 2023

Atención: luns ás 8.40

 

Trucos para diferencias TE e CHE

Xa sei que o expliquei na clase moitas veces pero aquí vos deixo esta web para que o poidades lembrar sempre que queirades: trucos TE e CHE.

E aquí tamén volo explica Ester do Dígocho eu

 

E aquí tamén volo explica a rapazada do IES Perdouro de Burela: Perdouro.

terça-feira, 21 de março de 2023

Traballo Camiño dos faros 1º ESO

 Neste trimestre imos traballar sobre O camiño dos faros, concretamente sobre a última etapa Nemiña-Cabo Fisterra.

No traballo que tedes que elaborar será moi importante a orixinalidade. Ides elaborar unha guía que trate os seguintes puntos:

- Percorrido da etapa.

- Que ver?

- Onde comer?

- Flora e fauna que podemos atopar nesa etapa e nesa zona.

- Lendas, contos, refráns... relacionados con esa etapa.

- Curiosidades.

O formato da guía escollédelo vós, lembrade ser orixinais! Podedes incluír debuxos (poden ser propios). Unha vez que teñades os textos tedes que ensinarmos para corrixilos.

IMPORTANTE: orixinalidade, coidado da lingua, contido relacionado coa etapa, interese na elaboración da guía, entrega coidada (sede curiosas: non se entrega con tachóns, a lapis, nun folio mal escrito...)

Calquera dúbida: alumnadomeu@gmail.com ou na clase ou tamén a través da aula virtual.

Data límite de entrega: 28 de abril (se a tedes antes, podedes entregala). 

Ánimo!!!!

quarta-feira, 22 de fevereiro de 2023

Día de Rosalía

 O alumnado co que imos realizar o intercambio envíanos desde Como (Italia) un recitado dos poemas de Rosalía para festexar o seu día (23 de febreiro).

Moitas grazas!!! Grazie mille!!!!




quarta-feira, 15 de fevereiro de 2023

Repaso 1º ESO

 

Os posesivos, una ficha interactiva de inrom
liveworksheets.com
Demostrativos, una ficha interactiva de sonitavzquez
liveworksheets.com
Posesivos, una ficha interactiva de sonitavzquez
liveworksheets.com

segunda-feira, 13 de fevereiro de 2023