Somos Nicoll e Martín e imos entrevistar a Alicia, a nosa campioa do mundo:
1.-
Cóntanos quen es ti?
Eu
son Alicia Chamorro, unha rapazada de 16 anos da Coruña, que estuda
primeiro de bacharelato no IES Monte das Moas.
2.-
En que consiste o teu deporte?
Adestro
Muay Thai,. un deporte de contacto tailandés, boxeo tailandés, que
consiste no combate de dous puxilistas nun ring. O que máis
identifica este deporte é a diversidade de golpes que podes empregar
para gañar: cóbados, xeonllos, patadas e puños, adeamis dun ritual
chamado “As 4 esquinas” e outro chamado “Wai Kru” que é unha
mostra de respecto ante o contrincante e o teu adestrador ou a túa
adestradora.
3,- Pertences a algún club?
Formo
parte do Club Iago Barros Fight Club, da Federación Galega de Kick
boxing e Muay Thai e de dúas seleccións de diferentes ligas
españolas de Muay Thai (WBC e ISKA).
4.-
Cando comezaches a practicar o muay thai? Onde adestras?
Hai
uns anos cambioume a vida por completo cando os meus pais decidiron
apuntarme a un deporte de contacto para “aprender a defenderme”.
Levo desde os 10 anos practicando este deporte, aínda que cando
comecei a adestrar seriamente foi hai tres anos.
Adestro no Club Iago Barros.
5.-
Como te preparas para a competición?
Con moito esforzo. Dous adestramentos ao día,
dietas e pouca vida social, que pode que sexa o máis complicado na
miña idade.
6.-
Como foi o proceso para ser campioa do mundo?
Catro
veces campioa Mundial, foi todo un soño. Eu algo tiña claro, ía
ser a mellor na miña categoría, e sabía que iso tiña moito
traballo e esforzo detrás. Foi duro, tiven que compaxinar os estudos
cos adestramentos, e ás veces o cansazo podía comigo, pero ao final
todos os sacrificios teñen a súa recompensa. Pasei rondas e planteime na final contra Holanda, onde volvín saír vitoriosa pola vía do KO no segundo asalto. Sentíame nun soño, bicampioa mundial en dous meses e en dúas categorías diferentes. Aí, é onde me dei conta de que todos os adestramentos e sacrificios de tantos meses tiveran a súa recompensa.
Foron meses moi difíciles, pero en xullo de 2024 volvín proclamarme campioa do Mundo ISKA. Despois de pasar todo o verán adestrando, en vez de ir á praia a diario e pasalo ben como a rapazada da miña idade, eu só ía ocasionalmente, xa que tiña un obxectvo en mente e non ía deixalo escapar. Subín de categoría a menos de 18 anos, onde era a máis pequena e volvín a proclamarme campioa Mundial WBC contra a campioa francesa número dous do ránking mundial nesa categoría. Acórdome perfectamente dos nervios, da presión e da responsabilidade que tiña encima, ía loitar contra unha top do ránking mundial, podía saír perdedora, pero acabei o combate como a gañadora.
7.-
Por que escolliches o muay thai?
Do
que máis me namorei deste deporte é do respecto e unión que hai
nel. Ademais da disciplina e do sacrificio que tes que ter para poder
conseguir logros.
8.-
Como vas equipada para competir? Levas protección?
Levariamos
luvas máis grandes, tibiais, cobadeiras, casco, protección bucal e
íntima. Se es menor de 16 anos levarías tamén un peto. Na miña
carreira deportiva sitúome en afeccionada, en menos de 18 anos e na
categoría 48,9 quilogramos. Pola contra, fóra de España debutei en
profesional, concretamente en Tailandia.
9.-
Cambiouche a vida o muay thai? Por que?
Desde
que practico Muay Thai conseguín todos os meus logros, a miña vida
cambioume por completo, teño que adestrar todos os días da semana e
levar unha dieta equilibrada. Ademais, este deporte ensinoume o que
verdadeiramente é ter unha segunda familia onde podes recorrer se
necesitas axuda ou consellos e onde te sentes cómoda e querida.
10.-
Que consellos lle darías a alguén que quere comezar neste deporte?
A
calquera persoa que quere comezar a adestrar este deporte animaríaa,
xa que aínda que parece agresivo a simple vista, é todo o
contrario, ensínache compañeirismo, disciplina e respecto.
11.-
Que beneficios ten?
Tamén
é unha maneira de manter un estilo de vida saudable e activo. Son
moitas as persoas que comezan neste deporte por iso, aínda que
moitas outras, sobre todo rapazas, comezan a practicar este deporte
como defensa persoal.
11.-
Moitas grazas, Alicia, por atendernos e responder as nosas preguntas.
Sorte e sigue colleitando
triunfos.
Grazas
a vós polo interese amosado. Vémonos!