Esta presentación fíxoa o curso pasado un alumno de 1º da ESO, Álvaro. É unha reflexión que el fai despois de traballarmos os prexuízos. Grazas, Álvaro polo teu esforzo, traballo e reflexión.
A ver que vos parece!!!
Pesquisar neste blogue
sábado, 5 de novembro de 2011
Educando coas TIC
Ando navegando nun curso que ten como obxectivo aprender lingua e literatura utilizando as TIC. Unha das tarefas é a elaboración dunha entrada que teña que ver coa educación e co uso das novas tecnoloxías... E eu pensei (si, ás veces penso je je) que mellor uso que propoñer nesta entrada iso mesmo. Explícome. Este blog quere ser unha ferramenta de aula, pois ímola utilizar.
Sabedes que unha das miñas teimas é que leades. E unha das vosas é non ler! Así que esta é a miña proposta:
1º paso: botádelle un ollo a esta blog: kuentalibros
3º paso animádevos a ler e a ver que se vos ocorre!!! Eu xa estou pensando!!!
Subscrever:
Mensagens (Atom)