Pesquisar neste blogue

terça-feira, 16 de fevereiro de 2016

Receita para ser unha boa docente!



         


Esta receita é unha adaptación da entrada dunha entrada do blogue periodicoedukt
 
 INGREDIENTES
- 1 vaso de vocación
- 5 culleradas de empatía
- 50 gramos de coñecementos 
- dinamismo (canto máis mellor). 
- 3 culleradas de optimismo 
- 50 gramos de comprensión 
- 50 gramos de paciencia 
- virutas de creatividade e de entusiasmo.

PREPARACIÓN



  Nun bol mesturamos os ingredientes claves para realizar o biscoito: 1 vaso de vocación e 5 culleradas de cercanía emocional. Estes elementos deben ir ben mesturados para obter unha buena base sobre a que se botarán os demais ingredientes.
                                                                          
      Mentres que a base toma a forma no forno, bater con esmero e consistencia 50 gramos de coñecementos e todo o dinamismo que teñamos na cociña. Hai que ter coidado de que non se corte o amoado, pois se botamos perder o dinamismo poderiamos formar unha mestra tradicional que realizaría a mesma metodoloxía durante a súa vida laboral, e non queremos iso!!!!!                                                                                                  

      Unha vez que sacamos o biscoito do forno, cortámolo pola metade para enchérmolo da crema realizada anteriormente.

      Noutro recipiente mesturamos 3 culleradas de optimismo, 50 gramos de comprensión e 50 gramos de paciencia. Co resultado bañaremos o pastel e deixarémolo arrefriar no frigorífico, de tal manera que todos os compoñentes do biscoito queden consistentes, mantendo as súas propiedades.

   Cando saquemos o pastel adornaremos a superficie con virutas de creatividade e entusiasmo.

      E xa temos unha docente ben fresquiña e lista para realizar a súa tarefa educativa!!!!