Pesquisar neste blogue

domingo, 11 de dezembro de 2011

Pachín!!

Sergio C. preséntanos a súa particular visión de Pachín, o can de Memorias dun neno labrego. A ver que vos parece! Bo traballo, Sergio!!!

sábado, 10 de dezembro de 2011

MEMORIAS DUN NENO LABREGO

Imposible non mesturar a tradición coa modernidade. Esta é a visión de Raúl F.. A súa lectura de Memorias dun neno labrego de Neira Vilas. Moi ben, Raúl!!



Conto de Raúl

Este é unha das actividades que propuxemos na aula. Raúl fixo a súa versión. Parabéns!!!

Cincuentenario de MEMORIAS DUN NENO LABREGO

Este é un traballo de Sergio B. de 3º da ESO. É a súa visión da lectura de Memorias dun neno labrego de X. Neira Vilas. Parabéns, Sergio!!!


quinta-feira, 17 de novembro de 2011

Ánimo Dépor!!!

Hoxe presenteille á rapazada esta aplicación de photopeach e pedinlles que fixesen un proba para ver se eran quen de facelo. Andrés fixo esta proposta ben completa. A ver se vos gusta!!


ÁNIMO DEPOR! on PhotoPeach

sábado, 5 de novembro de 2011

Para os galegofalantes!!!

Esta presentación fíxoa o curso pasado un alumno de 1º da ESO, Álvaro. É unha reflexión que el fai despois de traballarmos os prexuízos. Grazas, Álvaro polo teu esforzo, traballo e reflexión. A ver que vos parece!!!

Educando coas TIC

Ando navegando nun curso que ten como obxectivo aprender lingua e literatura utilizando as TIC. Unha das tarefas é a elaboración dunha entrada que teña que ver coa educación e co uso das novas tecnoloxías... E eu pensei (si, ás veces penso je je) que mellor uso que propoñer nesta entrada iso mesmo. Explícome. Este blog quere ser unha ferramenta de aula, pois ímola utilizar.
Sabedes que unha das miñas teimas é que leades. E unha das vosas é non ler! Así que esta é a miña proposta:
1º paso: botádelle un ollo a esta blog: kuentalibros
2º paso: vede este poema visual:



3º paso animádevos a ler e a ver que se vos ocorre!!! Eu xa estou pensando!!!

sexta-feira, 14 de outubro de 2011

Benvida!!

Este blog vai ser unha ferramento que utilicemos para a aula. Imos probar con 3º da ESO para ver como nos funciona. Comezamos!!!!!!!!!!!