Pesquisar neste blogue

domingo, 8 de dezembro de 2013

HADRIÁN RECOMENDA

Hai uns días Hadrián tivo a sorte de coñecer a Magín Blanco e a Leandro Lamas. E diredes vós? Quen son estes? Pois Magín é un marabilloso músico ourensán autor de A NENA E O GRILO NUN BARQUIÑO (sóavos a canción Unha vez había un dragón...? Siiiiiiii ese é!!!). E Leandro é o magnífico ilustrador deste libro. É un libro disco fantástico composto por 13 cancións, 13 contos e 13 actividades para facer coas vosas irmás e irmáns máis pequechos.
Para saber máis de Magín Blanco: http://www.maginblanco.blogspot.com.es/ ou tamén http://tributomaginblanco.bandcamp.com/ e tamén podedes buscar pola rede e atoparedes marabillas.
Para saber máis de Leandro Lamas: http://www.leandrolamas.blogspot.com.es/ ou http://leandro-lamas.artelista.com/ ou  mergulládevos na rede para sorprendervos.



Xa vedes que Hadrián ten bo gusto e sabe escoller. Aquí vos deixo o booktrailer desta novela. Espero que vos guste e gocedes moito da súa lectura.  

HADRIÁN RECOMENDA

Hadrián móvese moito por Galiza e coñece moitas persoas do mundo da cultura. É moi atrevido e ás veces pídelles que se fotografen con el. Por iso eu vou aproveitar a pillería de Hadrián para facervos recomendacións semanais. Espero que vos gusten.
A primeira recomendación que vos vai facer Hadrián é DRAGAL, o libro que primeiro leu despois de que o alumnado o adoptase.

Por fin!!!!!

Este comezo de curso foi un pouco complicado para organizarme e teño o blog moi esquecido. Espero poderlle dar unha voltiña e publicar os numerosos e bos traballos do alumnado deste curso. Son de 1º de ESO e estou encantada de telos como alumn@s pois fanme sentir que escollín ben o meu traballo. Xa sabedes (e se non o sabedes, dígovolo eu) que este curso todo vai xirar sobre o Dragal, un libro de Elena Gallego Abad editado por Xerais. Participamos neste proxecto, ideado por Loli Cid, xunto con outros seis centros desta nosa Galiza. Aproveitando que o alumnado adoptou unha mascota, ímola aproveitar. É un dragón un pouco especial, chámase Hadrián (como o protagonista da novela). Gústalle moito ser galego, ler e escoitar música pero o que máis lle gusta é
presumir do que se fai na Galiza.
HADRIÁN