Pesquisar neste blogue

quarta-feira, 21 de dezembro de 2022

A Esmorga (1º bacharelato)

 Apuntamentos sobre a novela: ogalego

Aquí podedes vir a adaptación ao cine: A Esmorga

Lede a novela porque hai moitas diferenzas coa película. Haberá preguntas escritas sobre a lectura.

quarta-feira, 14 de dezembro de 2022

Pílulas informativas (1º ESO)

 Aquí vai a información sobre o traballo do campo semántico que hai que facer este Nadal. Tedes de prazo ata o día 9 de xaneiro de 2023.

Preme: pílulas informativas


Déixovos un par de modelos pero... xa sabedes: imaxinación e creatividade!!!!

Enviádeme as propostas a alumnadomeu@gmail.com ou por we transfer. Ánimo!!!!


domingo, 4 de dezembro de 2022

quarta-feira, 16 de novembro de 2022

quarta-feira, 2 de novembro de 2022

terça-feira, 1 de novembro de 2022

Tes ata as 10

 Helena e Sandra achégannos este booktrailer para nos convidar á lectura de Tes ata as 10 de Francisco Castro. Parabéns!!!



sábado, 29 de outubro de 2022

sábado, 22 de outubro de 2022

Crónicas dunha desmemoria (12)

Durante o reinado dos Reis Católicos levouse a cabo en Galicia o que aparece recollido nas crónicas como ‘doma’, é dicir, a eliminación de todo aquilo que lle daba identidade ao noso pobo e que, polo tanto, supoñía un perigo para o ideal de territorio unificado que buscaban Isabel e Fernando. 

Para conseguir esa unificación substituíron ás elites dirixentes do país por outro señorío chegado de fóra, instauraron institucións centralizadoras, e impuxeron o castelán como lingua oficial.

 

Crónica dunha desmemoria (11)

As revoltas irmandiñas foron a primeira gran revolución social europea. Neste episodio histórico entenderemos por que se levantou todo o pobo contra os señores feudais derrocando os seus castelos e tomando o poder. E o que é máis importante: Que significou para o noso pobo a derrota dos miles de homes e mulleres que quixeron loitar contra os abusos dos tiranos.

 

A gramática de peto

Na web de profesgalegas podedes atopar un lote de recursos moi interesantes. Moitas grazas!!!


A fonética galega

 

A ver se es quen de resolver este Quizz:

domingo, 16 de outubro de 2022

Crónicas dunha desmemoria (10)

Por que fracasaron todas as tentativas para volver a unirnos con Portugal e por que non foi aceptada como raíña Inés de Castro, recordada pola lenda como a raíña cadáver, xa que foi coroada despois de morta.

Cuestións varias sobre a literatura medieval

Crea o teu nome con letras medievais: preme aquí.

Aquí tes información moi detallada para repasar o tema:  http://inmaculadamarin-lingua3.blogspot.com/p/literatura-medieval.html

Nesta ligazón podes practicar sobre a cantiga de amigo e a cantiga de amor.  Anímate!!!

Quizz para sabias! A ver canto sabes: literatura medieval.

 

PRINCIPAIS CAMBIOS NA EVOLUCIÓN DO LATÍN AO GALEGO


a) En posición inicialf- > h- (mantense): filius > fillo.
b) Perda das finais (excepto -l e -s): numquanunca; si> sí; capucabo. 
c) semiconsonántica (seguida de vogal) > xiustum > xusto; iam > xa. 
d) Sonorización de oclusivas sordas entre vogais (p, t, c, qu > b, d, g)caput > cabo; vitam > vida;
             lacum > lago
e) Simplificación de consonantes xeminadas (dobres): occultare > ocultar; sagitta > saeta; affectus > afecto.
f) pl- cl-  fl-> ch-plenum > cheo; clavem > chave; flammam > chama.
g) -ct -it-noctem > noite; cultellum > coitelo. 
h) -mn--nn--gn- > -n- /-ñ-autumnum > outono; annum > ano; pugnum > puño. 
i) -x- [ks-x-fixum > fixo.
l) s- inicial seguida de consonante > es-scutum > escudo; sperare esperar; studere > estudar.
m) Sonorización de oclusivas sordas entre vogal e -r (pr, rt, cr > br, dr, gr)Aprilem > abril; petram >pedra; lacrimam > lágrima.
n) -li- > -ll-: folia > folla.
ñ) -ni- > -ñ-seniorem > señor.
o) -ti- -ci- > -z-/-ci-navigatio > navegación; malitiam > maleza; minacia > ameaza.


Historia de Galicia, capítulo 5: lingua de reis, lingua do pobo.

quarta-feira, 5 de outubro de 2022

Crónicas dunha desmemoria 3

 

SAMAÍN EN MOAS


 Para festexarmos o Samaín, desde a biblio propoñemos as seguintes actividades:

- Concurso de microrrelatos de terror: podedes ver as bases en bibliomoas.

- Concurso de banda deseñada de terror: podedes ver as bases en bibliomoas.

- Deseña o teu taboleiro terrorífico: podedes ver as bases en bibliomoas.

 

Quen dixo medo????


segunda-feira, 26 de setembro de 2022

Como se cita o material multimedia?

Aquí podedes ver como se cita o material multimedia, tanto propio como alleo. Lembrade que todo material ten a súa propietaria. PDF.



Os castelos (I)

Os castelos é un novo programa da TVG. Nel podemos ver recreacións de castelos destruídos ou perdidos e tamén a súa historia que é a historia de Galicia. Nel reflíctese o poder dos señores feudais.

O primeiro programa podedes velo nesta ligazón, está dedicado ao castelo de Pambre.

Proceso de restitución 3D do castelo da Rocha Forte, en Santiago de Compostela, fortaleza que foi destruida completamente polos Irmandiños no ano 1467 e prácticamente esquecida e abandonada ata 2001, ano no que se comezou o seu estudo e escavación arqueolóxica:


Crónicas dunha desmemoria (capítulo 2)

Na segunda crónica imos saber como chegan os suevos a Galicia en plena descomposición do imperio romano, e por que cambian as espadas polos arados e se instalan durante varios séculos nestas terras, onde constitúen o primeiro estado de toda Europa. A eles debémoslle a primeira moeda que se acuñou, a división do territorio en parroquias e a conversión ao cristianismo, que xa quedaría instalado como credo oficial.

sábado, 24 de setembro de 2022

Crónicas dunha desmemoria

 Eu son fan de @surfeandolibros. Esta conta lévaa Irene que agora se embarcou a contarnos historias da nosa historia a partir do libro de Xosé Cernades Andrade e mais Anselmo López Carreira, editado por Xerais.

 Galicia esqueceu que houbo un día en que foi un gran reino, o primeiro reino europeo; tampouco lembra que a súa lingua era a máis culta e prestixiosa da península, e que os seus dominios se estendían polas terras que hoxe coñecemos como Castela, Asturias, Cantabria e Portugal. Desde o Castelo de Salvaterra, Irene comeza a repasar os feitos históricos que nos axudarán a atravesar o río do Esquecemento para recuperar a memoria colectiva e reescribir este capítulo da nosa Historia.

Velaquí o primeiro capítulo:

segunda-feira, 19 de setembro de 2022

quarta-feira, 14 de setembro de 2022

O abecedario

 Todas as linguas teñen un abecedario e nosa non ía ser diferente. Aquí deixo o vídeo co que imos comezar a traballar: "o abecedario" de Magín Blanco.

 Lembrade que o nome das letras é masculino!!!

 

O reto de Esther no Tik Tok! Atréveste a superala?

@digochoeu Así é o alfabeto galego #DígochoEu #galego #oretodoalfabeto #Galicia #TVG ♬ original sound - #DígochoEu

O alfabeto de Esther. E o teu?

37 ideas para facer un traballo sobre unha lectura

 A miña compañeira e amiga Pilar ponte (@aprofa) fixo esta recompilación con ideas para non ter que facer un exame das lecturas. Como sabedes, a min tampouco me gusta facer exames dos libros que ledes e por iso vou botar man da súa recompilación. 

Se clicades en 37 ideas para facer un traballo sobre un libro de lectura, podedes obter toda a información. Seguide os pasos. Calquera dúbida, xa sabedes, preguntádeme!!! E se se vos ocorre outra idea, comentádema sen problema!!!!

Póñovos esta captura de pantalla da entrada para que non vos perdades porque lle hai que dar para baixo ao rato 😉😃



Comezamos un novo curso

 Benvidas a este novo curso!

Este blog serviranos como punto de unión para expoñer actividades, ideas, traballos e todo aquilo que se vos ocorra. 

Eu son Mar, a responsable do blog, e espero que vos unades para facelo noso!!!

Douvos a benvida con esta canción: 

Unha mañá de setembro de Ses.  


sábado, 21 de maio de 2022

Repasar os verbos irregulares

 

Verbos con alternancia vocálica

 

Grupos cultos

 

ç

quinta-feira, 28 de abril de 2022

Regueifa colectiva Correlingua 2022

 Este é o resultado da regueifa colectiva feita entre 25 centros de Galicia para o Correlingua 2022. Inmunízate co galego!!!!

Día das Letras Galegas

Como andades? Aquí tedes un pequeno cuestionario sobre o Día das Letras Galegas. Utiliza o teu nome e o curso para ver como quedas na clasificación. A ver canto sabes?!

sábado, 23 de abril de 2022

domingo, 3 de abril de 2022

Amnesia 3.0

O pasado luns, 28 de marzo, tivemos a visita de Irene Pin para ver a primeira web serie interactiva en galego da cal é a directora. A novidade é a posibilidade de escoller diferentes puntos de vista dos personaxes para así seguir un camiño ou outro no desenvolvemento da acción.

O alumnado de 1º de bacharelato e o de 4º de ESO foi o afortunado de participar na actividade. Moi interesante a explicación do proceso de elaboración, da escolla das actrices e actores e tamén da situación do audiovisual galego.

Participou tamén un alumna de 1º de bacharelato, Xoel Lago Hermida, que falou da súa experiencia como actor e do proceso de participación nun cásting.

Moitas grazas, Irene, e boa andaina coa 2ª parte de Amnesia 3.0.





sábado, 2 de abril de 2022

Regueifando pola paz

 Grazas, Xulia Martínez Pedreira, pola gravación e pola montaxe!!! E grazas a Mari (Lingua Castelá) e Laura (Matemáticas) por colaboraren con nós!


segunda-feira, 28 de março de 2022

Os verbos II

 Seguimos practicando. Podedes facer as fichas e enviarmas!! Ánimo!!!


verbos 1, una ficha interactiva de mestra
liveworksheets.com

Os verbos

 Para practicardes os verbos podedes facer as fichas e, cando as rematedes, enviarmas!


Tempos verbais, una ficha interactiva de paula_alvarez
liveworksheets.com
O verbo, una ficha interactiva de sonitavzquez
liveworksheets.com

sábado, 26 de março de 2022

Lusofonía: Edilson de Cabo Verde

Peza audiovisual dos Dicionarios de Ida e Volta da Agareso. Edilson, de Cabo Verde conta como cando veu a Galicia quedou exento da materia de Lingua Galega, porén si que o avaliaban en Lingua Española. Ao ano seguinte esixiu "estudar galego como todo o mundo".

Para comezar coa lingua

 Os meses do ano.

 

O abecedario, una ficha interactiva de Mariola80
liveworksheets.com

Para practicar as clases de palabras

 Podedes facer as fichas e enviarmas a alumnadomeu@gmail.com

Ánimo!!!!!


Para practicar o ditado

Podedes facer o ditado e enviarme as respostas a alumnadomeu@gmail.com

sexta-feira, 25 de março de 2022

Amnesia 3.0

Imaxina espertar un día sen lembranzas do día anterior. Este é o universio Amnesia 3.0. Ten a particularidade de que ti podes escoller o que pasa na historia.

Este luns, 28 de marzo, teremos a proxección da primeira web serie de ciencia ficción en galego. Estará presente a directora Irene Pin e posteriormente haberá un coloquio co alumnado. Haberá dous pases: 9.20 a 11 para 1º de bacharelato e de 11.30 a 13 para o de 4º de ESO. Tamén falará un alumno do centro que tivo unha pequena participación nesta serie.



quarta-feira, 23 de março de 2022

segunda-feira, 21 de março de 2022

quarta-feira, 16 de fevereiro de 2022

terça-feira, 15 de fevereiro de 2022

Listaxe de cancións feita polo alumnado

 

Aquí tedes a nosa playlist de Spotify! É colaborativa, así que tan só tedes que premer na ligazón para poderdes engadir a vosa canción en galego favorita. 

 


 

segunda-feira, 14 de fevereiro de 2022

Vocabulario

 Serás quen de adiviñar todas as palabras??!!!

A ver se es quen de seguir a cadea semántica sen fallar!!!

Ortografía B/V

 Practicamos a ortografía do B/V!!

E agora do X/LL/I!!

Cancións

 Bo día!

Como vos dixen na clase, déixvos varias opcións para que escoitedes e elixades a que máis vos guste para cantar (toda ou parte, o retrouso, por exemplo).

A grasia non era moita de Rosalía pequeniña. Ses e Uxía Senlle.

Xan, canta Uxía Senlle de Rosalía pequeniña 

 Xan,Qempallou  

 Rosa, Roi Casal  

Na lingua que eu falo, Najla Shami.  

Miña santiña, miña santasa, Uxía Senlle

domingo, 13 de fevereiro de 2022

Toponimia coruñesa

Microdocumental da Asociación Socio-Pedagóxica Galega que persegue difundir nas redes sociais, a través dun formato audiovisual atractivo, os feitos e historias que orixinaron os nomes de aldeas, leiras ou corredoiras que compoñen algúns dos máis de dous millóns de topónimos de Galicia. 

quarta-feira, 12 de janeiro de 2022

Arrieiros somos

 Podedes inspirarvos para facer os traballos nestas curtametraxes dirixidas por Rubén Ríos, Arrieiros somos. Déixovos unha mostra pero podedes buscar máis na rede.

Esta é a historia de Victoria Laranja muller emprendedora e comprometida.