Apuntamentos sobre a novela: ogalego
Aquí podedes vir a adaptación ao cine: A Esmorga
Lede a novela porque hai moitas diferenzas coa película. Haberá preguntas escritas sobre a lectura.
Aquí vai a información sobre o traballo do campo semántico que hai que facer este Nadal. Tedes de prazo ata o día 9 de xaneiro de 2023.
Preme: pílulas informativas.
Déixovos un par de modelos pero... xa sabedes: imaxinación e creatividade!!!!
Enviádeme as propostas a alumnadomeu@gmail.com ou por we transfer. Ánimo!!!!
Tamirat achéganos esta tarefa de Atranco no banco de Manuel Núñez Singala. Parabéns por este traballazo!
Aquí vos van un par de propostas para practicar eses erros que cometedes sempre.
Nesta web podedes atopar explicacións ben chulas en forma de pílulas informativas.
E neste vídeo Esther Estévez déixao moi clariño:
Vídeo do EDLG e do Grupo de Igualdade do IES Félix Muriel de Rianxo para estudar nas aulas os tipos de violencia de xénero dixital.
É importante aprender a resumir e a esquematizar para poder estudar mellor e máis facilmente.
En Aulas galegas axudanche: preme aquí.
E en cotovía.org tamén nolo explican doutra maneira: como facer un resumo.
Cumpríronse 20 anos do afundimento do pretoleiro Prestige. A maior catástrofe ecolóxica!
Pablo e Rodrigo propóñennos estas actividades sobre Dragal, a herdanza do dragón.
Encrucillado:
Sopa de letras:
Ruleta de palabras:
Helena e Sandra achégannos este booktrailer para nos convidar á lectura de Tes ata as 10 de Francisco Castro. Parabéns!!!
Nesta ligazón tedes un pequeno guión do imprescindible que hai que comentar: comentario.
E aquí podedes atopar unha guía de comentario: guía.
Durante o reinado dos Reis Católicos levouse a cabo en Galicia o que aparece recollido nas crónicas como ‘doma’, é dicir, a eliminación de todo aquilo que lle daba identidade ao noso pobo e que, polo tanto, supoñía un perigo para o ideal de territorio unificado que buscaban Isabel e Fernando.
Para conseguir esa unificación substituíron ás elites dirixentes do país por outro señorío chegado de fóra, instauraron institucións centralizadoras, e impuxeron o castelán como lingua oficial.
As revoltas irmandiñas foron a primeira gran revolución social europea. Neste episodio histórico entenderemos por que se levantou todo o pobo contra os señores feudais derrocando os seus castelos e tomando o poder. E o que é máis importante: Que significou para o noso pobo a derrota dos miles de homes e mulleres que quixeron loitar contra os abusos dos tiranos.
Por que fracasaron todas as tentativas para volver a unirnos con Portugal e por que non foi aceptada como raíña Inés de Castro, recordada pola lenda como a raíña cadáver, xa que foi coroada despois de morta.
Crea o teu nome con letras medievais: preme aquí.
Aquí tes información moi detallada para repasar o tema: http://inmaculadamarin-lingua3.blogspot.com/p/literatura-medieval.html
Nesta ligazón podes practicar sobre a cantiga de amigo e a cantiga de amor. Anímate!!!
Quizz para sabias! A ver canto sabes: literatura medieval.
Historia de Galicia, capítulo 5: lingua de reis, lingua do pobo.
Para festexarmos o Samaín, desde a biblio propoñemos as seguintes actividades:
- Concurso de microrrelatos de terror: podedes ver as bases en bibliomoas.
- Concurso de banda deseñada de terror: podedes ver as bases en bibliomoas.
- Deseña o teu taboleiro terrorífico: podedes ver as bases en bibliomoas.
Quen dixo medo????
Aquí podedes consultar as bases: concello de Ames.
@sarasecorial Anímate e participa no #Galetiktokers22 Da igual do concello que sexas, só hai que crear contido en galego #tiktokengalego #galitok #galegosnotiktok #tiktokgalego #parati #fyp #viral ♬ sonido original - Sara Seco Rial
Aquí podedes ver como se cita o material multimedia, tanto propio como alleo. Lembrade que todo material ten a súa propietaria. PDF.
Os castelos é un novo programa da TVG. Nel podemos ver recreacións de castelos destruídos ou perdidos e tamén a súa historia que é a historia de Galicia. Nel reflíctese o poder dos señores feudais.
O primeiro programa podedes velo nesta ligazón, está dedicado ao castelo de Pambre.
Proceso de restitución 3D do castelo da Rocha Forte, en Santiago de Compostela, fortaleza que foi destruida completamente polos Irmandiños no ano 1467 e prácticamente esquecida e abandonada ata 2001, ano no que se comezou o seu estudo e escavación arqueolóxica:
Na segunda crónica imos saber como chegan os suevos a Galicia en plena descomposición do imperio romano, e por que cambian as espadas polos arados e se instalan durante varios séculos nestas terras, onde constitúen o primeiro estado de toda Europa. A eles debémoslle a primeira moeda que se acuñou, a división do territorio en parroquias e a conversión ao cristianismo, que xa quedaría instalado como credo oficial.
Eu son fan de @surfeandolibros. Esta conta lévaa Irene que agora se embarcou a contarnos historias da nosa historia a partir do libro de Xosé Cernades Andrade e mais Anselmo López Carreira, editado por Xerais.
Galicia esqueceu que houbo un día en que foi un gran reino, o primeiro reino europeo; tampouco lembra que a súa lingua era a máis culta e prestixiosa da península, e que os seus dominios se estendían polas terras que hoxe coñecemos como Castela, Asturias, Cantabria e Portugal. Desde o Castelo de Salvaterra, Irene comeza a repasar os feitos históricos que nos axudarán a atravesar o río do Esquecemento para recuperar a memoria colectiva e reescribir este capítulo da nosa Historia.
Velaquí o primeiro capítulo:
RARÁMURI Lorena -- La de los pies ligeros Video 01 from Octavio Herrera Estica on Vimeo.
Todas as linguas teñen un abecedario e nosa non ía ser diferente. Aquí deixo o vídeo co que imos comezar a traballar: "o abecedario" de Magín Blanco.
Lembrade que o nome das letras é masculino!!!
O reto de Esther no Tik Tok! Atréveste a superala?
@digochoeu Así é o alfabeto galego #DígochoEu #galego #oretodoalfabeto #Galicia #TVG ♬ original sound - #DígochoEu
O alfabeto de Esther. E o teu?
A miña compañeira e amiga Pilar ponte (@aprofa) fixo esta recompilación con ideas para non ter que facer un exame das lecturas. Como sabedes, a min tampouco me gusta facer exames dos libros que ledes e por iso vou botar man da súa recompilación.
Se clicades en 37 ideas para facer un traballo sobre un libro de lectura, podedes obter toda a información. Seguide os pasos. Calquera dúbida, xa sabedes, preguntádeme!!! E se se vos ocorre outra idea, comentádema sen problema!!!!
Póñovos esta captura de pantalla da entrada para que non vos perdades porque lle hai que dar para baixo ao rato 😉😃
Benvidas a este novo curso!
Este blog serviranos como punto de unión para expoñer actividades, ideas, traballos e todo aquilo que se vos ocorra.
Eu son Mar, a responsable do blog, e espero que vos unades para facelo noso!!!
Douvos a benvida con esta canción:
Unha mañá de setembro de Ses.
Este é o resultado da regueifa colectiva feita entre 25 centros de Galicia para o Correlingua 2022. Inmunízate co galego!!!!
As participantes do club de lectura fixéronlle unha petición a Antía Yáñez despois de ler Be water. Eis o resultado.
O pasado luns, 28 de marzo, tivemos a visita de Irene Pin para ver a primeira web serie interactiva en galego da cal é a directora. A novidade é a posibilidade de escoller diferentes puntos de vista dos personaxes para así seguir un camiño ou outro no desenvolvemento da acción.
O alumnado de 1º de bacharelato e o de 4º de ESO foi o afortunado de participar na actividade. Moi interesante a explicación do proceso de elaboración, da escolla das actrices e actores e tamén da situación do audiovisual galego.
Participou tamén un alumna de 1º de bacharelato, Xoel Lago Hermida, que falou da súa experiencia como actor e do proceso de participación nun cásting.Moitas grazas, Irene, e boa andaina coa 2ª parte de Amnesia 3.0.
Grazas, Xulia Martínez Pedreira, pola gravación e pola montaxe!!! E grazas a Mari (Lingua Castelá) e Laura (Matemáticas) por colaboraren con nós!
Seguimos practicando. Podedes facer as fichas e enviarmas!! Ánimo!!!
Para practicardes os verbos podedes facer as fichas e, cando as rematedes, enviarmas!
Peza audiovisual dos Dicionarios de Ida e Volta da Agareso. Edilson, de
Cabo Verde conta como cando veu a Galicia quedou exento da materia de
Lingua Galega, porén si que o avaliaban en Lingua Española. Ao ano
seguinte esixiu "estudar galego como todo o mundo".
Podedes facer as fichas e enviarmas a alumnadomeu@gmail.com
Ánimo!!!!!
Imaxina espertar un día sen lembranzas do día anterior. Este é o universio Amnesia 3.0. Ten a particularidade de que ti podes escoller o que pasa na historia.
Este luns, 28 de marzo, teremos a proxección da primeira web serie de ciencia ficción en galego. Estará presente a directora Irene Pin e posteriormente haberá un coloquio co alumnado. Haberá dous pases: 9.20 a 11 para 1º de bacharelato e de 11.30 a 13 para o de 4º de ESO. Tamén falará un alumno do centro que tivo unha pequena participación nesta serie.
Aquí vos deixo o que ten que facer quen escolla a lectura voluntaria para subir ata un punto extra na nota final (sempre e cando teñas de media un 5). Clica aquí se non ves correctamente as imaxes.
@aprofa preséntanos estas marabillosas tarefas para aprendermos as clases de palabras. Botádelles un ollo!!!! Grazas, Pilar!!!!
Estas son as presentacións que fixo Andrea nas súas prácticas con nós. Foi un pracer terte! Moitas grazas!!!
Co programa dos 21 días co galego e +, xorden vídeos e actividades moi interesantes. Unha delas é esta Tik Tok en galego.
Podedes seguir a iniciativa no blog 21diascogalegoemais.
Aquí tedes a nosa playlist de Spotify! É colaborativa, así que tan só tedes que premer na ligazón para poderdes engadir a vosa canción en galego favorita.
Serás quen de adiviñar todas as palabras??!!!
Bo día!
Como vos dixen na clase, déixvos varias opcións para que escoitedes e elixades a que máis vos guste para cantar (toda ou parte, o retrouso, por exemplo).
A grasia non era moita de Rosalía pequeniña. Ses e Uxía Senlle.
Xan, canta Uxía Senlle de Rosalía pequeniña
Xan,Qempallou
Rosa, Roi Casal
Na lingua que eu falo, Najla Shami.
Miña santiña, miña santasa, Uxía Senlle
Microdocumental da Asociación Socio-Pedagóxica Galega que persegue difundir nas redes sociais, a través dun formato audiovisual atractivo, os feitos e historias que orixinaron os nomes de aldeas, leiras ou corredoiras que compoñen algúns dos máis de dous millóns de topónimos de Galicia.
Podedes inspirarvos para facer os traballos nestas curtametraxes dirixidas por Rubén Ríos, Arrieiros somos. Déixovos unha mostra pero podedes buscar máis na rede.
Esta é a historia de Victoria Laranja muller emprendedora e comprometida.