domingo, 16 de outubro de 2022

Cuestións varias sobre a literatura medieval

Crea o teu nome con letras medievais: preme aquí.

Aquí tes información moi detallada para repasar o tema:  http://inmaculadamarin-lingua3.blogspot.com/p/literatura-medieval.html

Nesta ligazón podes practicar sobre a cantiga de amigo e a cantiga de amor.  Anímate!!!

Quizz para sabias! A ver canto sabes: literatura medieval.

 

PRINCIPAIS CAMBIOS NA EVOLUCIÓN DO LATÍN AO GALEGO


a) En posición inicial, f- > h- (mantense): filius > fillo.
b) Perda das finais (excepto -l e -s): numquam > nunca; sic > sí; caput > cabo. 
c) i semiconsonántica (seguida de vogal) > x: iustum > xusto; iam > xa. 
d) Sonorización de oclusivas sordas entre vogais (p, t, c, qu > b, d, g): caput > cabo; vitam > vida;
             lacum > lago
e) Simplificación de consonantes xeminadas (dobres): occultare > ocultar; sagitta > saeta; affectus > afecto.
f) pl- / cl-  fl-) > ch-: plenum > cheo; clavem > chave; flammam > chama.
g) -ct-  > -it-: noctem > noite; cultellum > coitelo. 
h) -mn-, -nn-, -gn- > -n- /-ñ-: autumnum > outono; annum > ano; pugnum > puño. 
i) -x- [ks] > -x-: fixum > fixo.
l) s- inicial seguida de consonante > es-: scutum > escudo; sperare > esperar; studere > estudar.
m) Sonorización de oclusivas sordas entre vogal e -r (pr, rt, cr > br, dr, gr): Aprilem > abril; petram >pedra; lacrimam > lágrima.
n) -li- > -ll-: folia > folla.
ñ) -ni- > -ñ-: seniorem > señor.
o) -ti- / -ci- > -z-/-ci-: navigatio > navegación; malitiam > maleza; minacia > ameaza.


Historia de Galicia, capítulo 5: lingua de reis, lingua do pobo.

Sem comentários:

Enviar um comentário