Pesquisar neste blogue
quarta-feira, 22 de dezembro de 2021
Traballo de lectura de 2º de ESO
Neste segundo trimestre imos ler O corazón de Xúpiter de Ledicia Costas.
Para a súa avaliación vou dar tres opcións:
- traballo creativo (será o mesmo que o de 1º de ESO que se explica neste vídeo, cambiamos As meigas de Lupa por O corazón de Xupiter);
- booktrailer (terá unha duración de mínimo 2 minutos e máximo 5; pode facerse en parellas. Valorarei, sobre todo, a creatividade, a información mellor tratada para incitar a ler a novela e a corrección lingüística. Tedes moitos exemplos na rede, mesmo deste libro (aviso, vinos!!!). Podedes seguir os consellos desta páxina;
- proba oral. Para a proba oral falamos á volta de vacacións e organizamos os días; comezarán o xoves 13 de xaneiro).
A
entrega das tarefas será ata o 4 de febreiro (despois desta data non
collerei ningunha).
Ánimo!!!!!
segunda-feira, 20 de dezembro de 2021
domingo, 19 de dezembro de 2021
Traballo da lectura do 2º trimestre de 1º de ESO
Aí vai a proposta de traballo sobre o libro de lectura do 2º trimestre: As meigas de Lupa de María Solar.
Aproveito o vídeo tan chulo que fixo Vanesa para presentarllo ao seu alumnado no 1º trimestre. Grazas, Vanesa!
Se hai persoas que non queren facer esta actividade, poderán facer o exame oral á volta de vacacións (organizamos o 1º día que nos vexamos).
Para entregar esta tarefa tedes de prazo até o 21 de xaneiro, despois deste día non se recollerá ningunha tarefa. Ánimo!!!!
quarta-feira, 15 de dezembro de 2021
Vota pola palabra do ano!!!
A Real Academia Galega e a Fundación Barrié abren, a través do Portal das Palabras, a fase de votación popular para escoller a Palabra do Ano 2021. Tras a fase de recollida de suxestións, as voces finalistas que optan a se converter na Palabra do Ano 2021: coada, gromo, resiliencia, tanxugueiras e vacinódromo.
O prazo de votación permanecerá aberto ata as 23:59 horas do sábado 25 de decembro de 2021 nesta ligazón:
http://portaldaspalabras.gal/palabradoano/
terça-feira, 14 de dezembro de 2021
sexta-feira, 26 de novembro de 2021
Parabéns por estes traballos!!
Sabedes que non me gusta facer exames dos libros de lectura e por iso potencio a vosa creatividade.
Cando me chegan traballos coma estes non podo máis que sentirme orgullosísima de vós e non deixo de pensar:
Que sorte teño co alumnado!!! Grazas
quinta-feira, 25 de novembro de 2021
Dígocho eu
Eiii, rapazada!!! Quen se anima??? Mandádeme un correo a alumnadomeu@gmail.com e falamos! Hai pouco tempo, veña!!!!
quinta-feira, 18 de novembro de 2021
25 N Día para a Eliminación da Violencia contra a Muller
Comezan a chegar as primeiras tarefas. Desta volta é Rubén que nos envía esta presentación: 25N
Grazas, Rubén!
terça-feira, 16 de novembro de 2021
quinta-feira, 11 de novembro de 2021
domingo, 7 de novembro de 2021
quinta-feira, 4 de novembro de 2021
terça-feira, 2 de novembro de 2021
segunda-feira, 1 de novembro de 2021
quinta-feira, 28 de outubro de 2021
Así traballan as lecturas. Parabéns!!!!
Estas son algunhas das propostas opcionais aos exames de lectura (que xa sabedes que non me gustan nada). Neste caso son Corredora de María Reimóndez e Jules Verne e a vida secreta das mulleres planta de Ledicia Costas. Parabéns!!!!!
segunda-feira, 25 de outubro de 2021
Os xéneros literarios
Aquí tes as instrucións para facer a seguinte tarefa. Podes facela nunha cartolina como se fose un lapbook, en folios ou nunha presentación. Tamén podes buscar outras opcións. Imaxinación!!!
Data de entrega o mércores 3 de novembro.