Pesquisar neste blogue

domingo, 29 de dezembro de 2013

HADRIÁN RECOMENDA...

Hadrián ten moitísima sorte. Esta vez estivo con Sés e a súa banda. E quen é Sés? Pois María Xosé Silvar, unha rapaza cunha enerxía tremenda, unhas letras marabillosas e uns directos espectaculares.
Ten publicado ADMIRANDO A CONDICIÓN e CO XENIO DESTROZADO, dous magníficos traballos cheos de poesía, forza, Galicia, muller, palabras cheas de paixón.
Fran Sanz e Tito Calviño con Hadrián
Mergulládevos na rede e despois envexaredes a Hadrián. Seguro!!!
http://www.coxeniodestrozado.com/

Fran Sanz: baixo.
Tito Calviño: guitarras.

Marcos Pazo

















Marcos Pazo: batería e percusión.

domingo, 15 de dezembro de 2013

HADRIÁN RECOMENDA...

Este Hadrián é un sortudo. A que non sabedes a onde foi hai uns días? Pois ao concerto de ESPIDO!!! Sensibilidade pura e fermosura a moreas. Se ll queredes facer un agasallo a alguén especial, non atoparedes outro mellor. Espido son Guadi Galego e Guillerme Fernández, voz e guitarra. Un traballo feito desde e para o corazón.
Mergulládevos na rede e atoparedes moitos proxectos dos que forman parte, xuntos ou por separado: Berrogüeto, Leilía, Cempés, Acadacanto...
Xa o escoitamos na aula varias veces pero aquí vos vai unha mostra para que a poñades na casa e despois contádesme : http://www.youtube.com/watch?v=96HBnCPvZEI




domingo, 8 de dezembro de 2013

HADRIÁN RECOMENDA

Hai uns días Hadrián tivo a sorte de coñecer a Magín Blanco e a Leandro Lamas. E diredes vós? Quen son estes? Pois Magín é un marabilloso músico ourensán autor de A NENA E O GRILO NUN BARQUIÑO (sóavos a canción Unha vez había un dragón...? Siiiiiiii ese é!!!). E Leandro é o magnífico ilustrador deste libro. É un libro disco fantástico composto por 13 cancións, 13 contos e 13 actividades para facer coas vosas irmás e irmáns máis pequechos.
Para saber máis de Magín Blanco: http://www.maginblanco.blogspot.com.es/ ou tamén http://tributomaginblanco.bandcamp.com/ e tamén podedes buscar pola rede e atoparedes marabillas.
Para saber máis de Leandro Lamas: http://www.leandrolamas.blogspot.com.es/ ou http://leandro-lamas.artelista.com/ ou  mergulládevos na rede para sorprendervos.



Xa vedes que Hadrián ten bo gusto e sabe escoller. Aquí vos deixo o booktrailer desta novela. Espero que vos guste e gocedes moito da súa lectura.  

HADRIÁN RECOMENDA

Hadrián móvese moito por Galiza e coñece moitas persoas do mundo da cultura. É moi atrevido e ás veces pídelles que se fotografen con el. Por iso eu vou aproveitar a pillería de Hadrián para facervos recomendacións semanais. Espero que vos gusten.
A primeira recomendación que vos vai facer Hadrián é DRAGAL, o libro que primeiro leu despois de que o alumnado o adoptase.

Por fin!!!!!

Este comezo de curso foi un pouco complicado para organizarme e teño o blog moi esquecido. Espero poderlle dar unha voltiña e publicar os numerosos e bos traballos do alumnado deste curso. Son de 1º de ESO e estou encantada de telos como alumn@s pois fanme sentir que escollín ben o meu traballo. Xa sabedes (e se non o sabedes, dígovolo eu) que este curso todo vai xirar sobre o Dragal, un libro de Elena Gallego Abad editado por Xerais. Participamos neste proxecto, ideado por Loli Cid, xunto con outros seis centros desta nosa Galiza. Aproveitando que o alumnado adoptou unha mascota, ímola aproveitar. É un dragón un pouco especial, chámase Hadrián (como o protagonista da novela). Gústalle moito ser galego, ler e escoitar música pero o que máis lle gusta é
presumir do que se fai na Galiza.
HADRIÁN

sexta-feira, 20 de setembro de 2013

COMEZAMOS UN NOVO CURSO E POLO TANTO UNHA ANDAINA DIFERENTE. ESTE CURSO TEÑO A SORTE DE COMPARTIR AULAS COA RAPAZADA DE 1º DA ESO. IMOS TER AVENTURAS, LINGUA, LITERATURA E SOBRE TODO SOÑOS.  OS PRIMEIROS SOÑOS COMEZAN A AGROMAR.


sssss


quinta-feira, 7 de março de 2013

Desde o IES Frei Martín Sarmiento chéganos esta homenaxe ás mulleres galegas. Compartimos, por suposto e felicitamos o alumnado por este magnífico traballo!




Resolución de dúbidas frecuentes

IMPORTANTÍSIMO





MOI INTERESANTE!