Pesquisar neste blogue

sexta-feira, 3 de outubro de 2014


O circo da bolboreta.Joshua Weigel

Este curso temos unha ATENCIÓN EDUCATIVA en bacharelato. Como non pode ser doutro xeito, dedicaremos o tempo a reflexionar, falar, debater, pensar pero, sobre todo, reflexionar sobre a vida. Na primeira sesión comezamos con dúas noticias moi interesantes sobre a igualdade no deporte e sobre a obrigatoriedade dun pai a pagarlle os estudos á súa filla de 30 anos.
Como debemos actualizar continuamente a nosa mente, agora cambiamos completamente e na próxima sesión veremos esta curtametraxe. Que pasará?
Podedes deixar os vosos comentarios. Animádevos!!!







REFLEXIONA:

- Que sentes ao ver esta curta?
- Por que cres que leva ese título?

terça-feira, 16 de setembro de 2014

UN PRACER!!!!

Moitas grazas polo curso pasado. Déixovos aquí un recordo do voso paso por 1º da ESO. Parabéns!!!! Moita sorte no futuro!!!!






quarta-feira, 9 de abril de 2014

Vicente Feijoo Ares


Este luns pasamos unha tarde fantástica escoitando a Vicente Feijoo Ares falar de toponimia do noso concello, Cambre. Fíxonos unha magnífica presentación e con el aprendemos un montón de curiosidades sobre a toponimia deste concello.
Como el ben dixo, é importantísimo coidar que non se perdan os topónimos porque forman parte da nosa cultura. Detrás deles hai historias que non están recollidas en ningures e nós, vós principalmente, temos a importante misión de recuperalos e conservalos. Así que veña! a empezar a falar coas avoas, avós para que vos conten a historia que vos rodea. Espero esas historias sobre topónimos con ansia!!!!!!
Esta foi a presentación que nos deixou. Aquí a tedes para ensinarlla a quen queirades ou para vela vós. Grazas, Vicente, polo teu traballo, esforzo e xenerosidade. Esperamos que volvas contarnos máis curiosidades sobre os litotopónimos!!!
Aquí vos deixo un par de momentos (a verdade é que escollín fatal a fotógrafa ;) !!!!!!!)

sexta-feira, 7 de março de 2014

HADRIÁN RECOMENDA...

Uxía Senlle e Isabel Leal con Hadrián
Vimos de rematar febreiro, o mes do corazón, e estamos na véspera do 8 de marzo, día da muller. Que mellor ocasión para que Hadrián vos presente a Mónica e tamén esta mestura de corazóns musicais que iniciaron dúas mulleres.
No limiar de CORASÓNS Uxía di "todo comezou no Facebook, onde atopei esta marabillosa fotógrafa que traballa de mestra nun cárcere da cidade de Porto..." Así se inicia un fermoso proxecto de amizade e música. O noso Adrián que é un sortudo coñeceu a Uxía Senlle e a Isabel Leal que, sen elas, nada sería igual. Un libro para ler, un CD para escoitar, un DVD para mirar e un proxecto co que gozar.
Mais neste proxecto colabora moita xente, algunha xa coñecida por Hadrián e por vós: Magín Blanco, Xoán Curiel ou Sérgio Tannus, mais tamén Chus Domínguez, Najla Shami, Aline Frazäo, Tatán Cunha, Carlos Blanco, Belén Cid, António Zambujo, X.M.Budiño, Joäo Afonso, Rui David, Luanda Cozetti, Inês Salselas..

Hadrián coa súa amiga Mónica.
Unha mostra do marabilloso traballo: fotografía e poesía musicada.
.
Aquí podedes ver unha versión dixital deste fermoso libro-disco-dvd: CORASÓNS


quinta-feira, 13 de fevereiro de 2014

Helena Villar Janeiro, marabillosa muller, creou este blog para axudarnos a mellorar a lingua. Botádelle un ollo: GALEGO NA REDE.

quarta-feira, 5 de fevereiro de 2014

HADRIÁN RECOMENDA

Sabedes con quen está Hadrián? Pois cun brasilego chamado Sérgio Tannus. Si, si, lestes ben brasilego, así se define el pois leva tantos anos aquí que xa é un galego máis pero non esquece as súas raíces brasileiras. É un dos artistas máis completos, autodidacta e virtuoso en varios instrumentos: guitarras, violões, baixos, cavaquinho, bandolim e percusións. Buscade pola rede e sorprenderédesvos!




quarta-feira, 15 de janeiro de 2014

HADRIÁN RECOMENDA

Que sorte ten Hadrián!!! Estivo con Xoán Curiel, unha persoa cunha sensibilidade especial.
Xoán fai pop galego con influencias de world music.
Participa en numerosos proxectos individuais e colectivos. As súas cancións agochan sorpresas agradables: instrumentacións cálidas, arranxos atrevidos, influencias da música étnica e letras conectadas co presente. Magnético Zen é o seu último álbum, no que ofrece a súa particular visión crítica do caos no que se atopa inmersa a sociedade actual. Espero que vos guste!! 
http://www.xoancuriel.com/