Durante o reinado dos Reis Católicos levouse a cabo en Galicia o que
aparece recollido nas crónicas como ‘doma’, é dicir, a eliminación de
todo aquilo que lle daba identidade ao noso pobo e que, polo tanto,
supoñía un perigo para o ideal de territorio unificado que buscaban
Isabel e Fernando.
Para conseguir esa unificación substituíron ás elites dirixentes do país
por outro señorío chegado de fóra, instauraron institucións
centralizadoras, e impuxeron o castelán como lingua oficial.
As revoltas irmandiñas foron a primeira gran revolución social europea.
Neste episodio histórico entenderemos por que se levantou todo o pobo
contra os señores feudais derrocando os seus castelos e tomando o poder.
E o que é máis importante: Que significou para o noso pobo a derrota
dos miles de homes e mulleres que quixeron loitar contra os abusos dos
tiranos.
Por que fracasaron todas as tentativas para volver a unirnos con Portugal
e por que non foi aceptada como raíña Inés de Castro, recordada pola
lenda como a raíña cadáver, xa que foi coroada despois de morta.