Pesquisar neste blogue

quarta-feira, 12 de fevereiro de 2025

INNOVART 2025

O xoves día 6 o alumnado de 1º de bacharelato visitou no Gaiás o INNOVART 2025. Trátase dunha excelente ocasión para coñecer o potencial das ensinanzas artísticas, de idiomas e deportivas que se ofrecen en Galicia, xa que conta con material expositivo e actividades interactivas de: arte dramática, artes plásticas e deseño, conservación e restauración de bens culturais, danza, ensinanzas deportivas, idiomas e música. Houbo tamén concertos, conferencias e espectáculos escénicos.

Unha mañá fantástica!!!


 













Visita ao MUDITEL

O luns 10 fomos de visita ao MUDITEL (Museo didáctico de telecomunicacións. Este museo está moi cerca do instituto e non o coñeciamos. É unha pequena xoia pois amosa a evolución das telecomunicacións ao longo do tempo. Neste caso foi Félix o noso guía, hai que ter en conta que son persoas xubiladas de Telefónica as que abren e ensinan o museo.

É percorrido pola historia da telefonía e das telecomunicacións dende Graham Bell ata a fibra óptica, explorando os equipos e dispositivos que foron dando servizo a través do tempo ata a actualidade e que aínda se atopan operativos. 

Trátase dunha visita dinámica na que, a través de demostracións, puidemos coñecer en primeira persoa o funcionamento de diversos elementos históricos que abarcan todas as disciplinas das telecomunicacións vencelladas ao servizo telefónico, como telégrafos, terminais telefónicos, centrais, cables ou radios.










 

quarta-feira, 5 de fevereiro de 2025

Torneo de debate da Fundación Barrié

 O alumnado de Oratoria de 3º ESO participou no VII Torneo de Debate da Fundación Barrié. O equipo formado por Daniela, Noelia, Mabel e Hugo fixérono xenial. Gañaron dous dos tres debates e conseguiron 291 puntos. Eran 40 centros seleccionados de máis de 150 solicitudes presentadas por centros de toda Galicia.

Moitos parabéns! Estamos moi orgullosas de vós!!!!



quarta-feira, 29 de janeiro de 2025

A Candeloria

Aquí podedes ver os traballos que preparou o alumnado de 3º PDC para lle enviar ao alumnado do Eusebio da Garda. A ver se son quen de resolver as tarefas. 

Gabija preparou: 

 

 Brithany preparou: 

 

Naiara e Nicoll fixeron: 

 

 Fran ideou: 

 

 Martín e Leo prepararon: 

Hugo e Izan presentan: 

quinta-feira, 9 de janeiro de 2025

NORTE CINEMA DIVERSO

 Outro ano máis tivemos a visita de NORTE CINEMA DIVERSO. Esta é a 3ª edición do festival e do 20 ao 22 de febreiro no teatro Colón terán lugar diferentes actividades coa proxección de diferentes curtametraxes e películas.

O noso IES participou un ano máis no NCD Educa. O alumnado de 4º da ESO puido asistir á proxección de 5 curtametraxes e un coloquio a continuación. As dúas horas souberon a pouco pois tivemos que cortar o debate pola falta de tempo. Antes da erupción, O moble das fotos, Pancarta, A ponte, Leo e Un lugar partido e son os títulos que se proxectaron. 

A continuación Fito (Asociación Palestra LGTBI+), Paco (Fundación 26) e Paula (Comité antisida Casco) explicaron e responderon as dúbidas e preguntas da rapazada que demostrou a sensibilidade e preocupación sobre todo o que hai arredor da diversidade sexual.

Estade atentas e anotade as datas: 20, 21 e 22 de febreiro no Teatro Colón.








quinta-feira, 28 de novembro de 2024

Tíralle da lingua

 Como sabedes, este curso participamos no concurso do Tíralle da lingua da AS-PG. Tedes uns dotes marabillosos para serdes contadores e contadoras de historias!!! Grazas!!!

Aquí vos deixo as ligazóns para que poidades ver os traballos que presentamos nas dúas categorías:

3º ESO, clicades e buscades nos podcast. Son 5 traballos diferentes.

1º BAC, clicades e buscades nos podcast. Son 5 traballos diferentes.

Moita sorte e moitas grazas!!!!!!!!!!!

quinta-feira, 21 de novembro de 2024

Mulleres invisibles na historia

 Este é un traballo colaborativo feito por 3º ESO (PDC) para recuperar a memoria de moitas mulleres que se atreveron a saír da norma establecida. Todas teñen en común ser as primeiras!