Pesquisar neste blogue

sábado, 24 de setembro de 2022

Crónicas dunha desmemoria

 Eu son fan de @surfeandolibros. Esta conta lévaa Irene que agora se embarcou a contarnos historias da nosa historia a partir do libro de Xosé Cernades Andrade e mais Anselmo López Carreira, editado por Xerais.

 Galicia esqueceu que houbo un día en que foi un gran reino, o primeiro reino europeo; tampouco lembra que a súa lingua era a máis culta e prestixiosa da península, e que os seus dominios se estendían polas terras que hoxe coñecemos como Castela, Asturias, Cantabria e Portugal. Desde o Castelo de Salvaterra, Irene comeza a repasar os feitos históricos que nos axudarán a atravesar o río do Esquecemento para recuperar a memoria colectiva e reescribir este capítulo da nosa Historia.

Velaquí o primeiro capítulo:

segunda-feira, 19 de setembro de 2022

quarta-feira, 14 de setembro de 2022

O abecedario

 Todas as linguas teñen un abecedario e nosa non ía ser diferente. Aquí deixo o vídeo co que imos comezar a traballar: "o abecedario" de Magín Blanco.

 Lembrade que o nome das letras é masculino!!!

 

O reto de Esther no Tik Tok! Atréveste a superala?

@digochoeu Así é o alfabeto galego #DígochoEu #galego #oretodoalfabeto #Galicia #TVG ♬ original sound - #DígochoEu

O alfabeto de Esther. E o teu?

37 ideas para facer un traballo sobre unha lectura

 A miña compañeira e amiga Pilar ponte (@aprofa) fixo esta recompilación con ideas para non ter que facer un exame das lecturas. Como sabedes, a min tampouco me gusta facer exames dos libros que ledes e por iso vou botar man da súa recompilación. 

Se clicades en 37 ideas para facer un traballo sobre un libro de lectura, podedes obter toda a información. Seguide os pasos. Calquera dúbida, xa sabedes, preguntádeme!!! E se se vos ocorre outra idea, comentádema sen problema!!!!

Póñovos esta captura de pantalla da entrada para que non vos perdades porque lle hai que dar para baixo ao rato 😉😃



Comezamos un novo curso

 Benvidas a este novo curso!

Este blog serviranos como punto de unión para expoñer actividades, ideas, traballos e todo aquilo que se vos ocorra. 

Eu son Mar, a responsable do blog, e espero que vos unades para facelo noso!!!

Douvos a benvida con esta canción: 

Unha mañá de setembro de Ses.  


sábado, 21 de maio de 2022

Repasar os verbos irregulares