O alumnado de Oratoria de 3º ESO participou no VII Torneo de Debate da Fundación Barrié. O equipo formado por Daniela, Noelia, Mabel e Hugo fixérono xenial. Gañaron dous dos tres debates e conseguiron 291 puntos. Eran 40 centros seleccionados de máis de 150 solicitudes presentadas por centros de toda Galicia.
Moitos parabéns! Estamos moi orgullosas de vós!!!!
Aquí podedes ver os traballos que preparou o alumnado de 3º PDC para lle enviar ao alumnado do Eusebio da Garda. A ver se son quen de resolver as tarefas.
Este trimestre imos ler teatro.O achado do castro ouAtranco no bancode Manuel Núñez Singala.
Será unha proba oral que comezará o luns 22 de abril. Se alguen (individual ou en grupo) se anima a facer unha dramatización dalgún fragmento ou do resumo da obra, terá puntuación extra.
Este trimestre imos ler poesía.Penúltimas tendencias eAplicación instantáneade Carlos Negro.
Haberá que recitar na aula dous poemas (mínimo de 6 versos cada un, poden ser varios poemas que sumen ese mínimo) e tamén facer un traballo creativo (calquera idea será boa sempre que estea ben traballada).
O recitado comezará a semana do 22 de abril. E a entrega do traballo creativo terá como data límite o 26 de abril.
Eu son fan de @surfeandolibros. Esta conta lévaa Irene que agora se embarcou a contarnos historias da nosa historia a partir do libro de Xosé Cernades Andrade e mais Anselmo López Carreira, editado por Xerais.
Galicia esqueceu que houbo un día en que foi un gran reino, o primeiro
reino europeo; tampouco lembra que a súa lingua era a máis culta e
prestixiosa da península, e que os seus dominios se estendían polas
terras que hoxe coñecemos como Castela, Asturias, Cantabria e Portugal.
Desde o Castelo de Salvaterra, Irene comeza a repasar os feitos
históricos que nos axudarán a atravesar o río do Esquecemento para
recuperar a memoria colectiva e reescribir este capítulo da nosa
Historia.
Como andades? Aquí tedes un pequeno cuestionario sobre o Día das Letras Galegas. Utiliza o teu nome e o curso para ver como quedas na clasificación. A ver canto sabes?!