O xoves día 6 o alumnado de 1º de bacharelato visitou no Gaiás o INNOVART 2025. Trátase dunha excelente ocasión para coñecer o potencial das ensinanzas
artísticas, de idiomas e deportivas que se ofrecen en Galicia, xa que conta con material expositivo e actividades interactivas de: arte
dramática, artes plásticas e deseño, conservación e restauración de bens
culturais, danza, ensinanzas deportivas, idiomas e música. Houbo tamén
concertos, conferencias e espectáculos escénicos.
Por que fracasaron todas as tentativas para volver a unirnos con Portugal
e por que non foi aceptada como raíña Inés de Castro, recordada pola
lenda como a raíña cadáver, xa que foi coroada despois de morta.
Na segunda crónica imos saber como chegan os suevos a Galicia en plena
descomposición do imperio romano, e por que cambian as espadas polos
arados e se instalan durante varios séculos nestas terras, onde
constitúen o primeiro estado de toda Europa. A eles debémoslle a
primeira moeda que se acuñou, a división do territorio en parroquias e a
conversión ao cristianismo, que xa quedaría instalado como credo
oficial.