Repaso de todas as persoas ás que se lles dedicou o Día das Letras Galegas. Cantas mulleres hai? Que che parece?
A FIESTRA DE MOAS
Blog de exposición dos traballos do alumnado. E tamén de propostas de traballo!!!
Pesquisar neste blogue
sexta-feira, 10 de maio de 2024
sexta-feira, 29 de março de 2024
Cantigas e murais para o coñecemento do Reino Medieval da Galiza
É un pracer presentar o noso vídeo-dosier final do proxecto "Cantigas e
Murais para o Coñecemento do Reino Medieval de Galicia". Neste vídeo, resumimos os emocionantes momentos vividos durante esta marabillosa aventura cultural.
Desde
os concertos onde as cantigas medievais resoaron no noso salón de
actos ata a creación do mural que adorna o noso espazo, cada paso deste
proxecto foi unha celebración da nosa rica historia e cultura galega.
Queremos agradecer a todo o alumnado e profesorado que participou co
seu talento e entusiasmo, facendo deste proxecto unha experiencia
inesquecible.
Este
proxecto enmarcouse nos Premios Reino de Galicia 2023 da Deputación da
Coruña, un recoñecemento á creatividade e á investigación da nosa
historia.
Estamos orgullosas e orgullosos de compartir esta viaxe coa comunidade educativa.
Grazas a todas e todos por acompañarnos nesta aventura de coñecemento e
creación. Seguiremos a celebrar e a promover a nosa cultura galega con
orgullo e entusiasmo.
@culturadadeputaciondacoruna #
#deputaciondacoruña
#iesmontedasmoas
#xoan_curiel #raquel_germade #Bleuennlefriec #ReinodeGalicia #ACulturaÉUnDereito #EducaciónTransformadora
#CantigasEMurais
#PremiosReinodeGalicia2023
sexta-feira, 22 de março de 2024
Lectura do 3º trimestre para 1º ESO
Este trimestre imos ler teatro. O achado do castro ou Atranco no banco de Manuel Núñez Singala.
Será unha proba oral que comezará o luns 22 de abril. Se alguen (individual ou en grupo) se anima a facer unha dramatización dalgún fragmento ou do resumo da obra, terá puntuación extra.
Calquera dúbida, preguntádeme.
Lectura do 3º trimestre para 3º de ESO
Este trimestre imos ler poesía. Penúltimas tendencias e Aplicación instantánea de Carlos Negro.
Haberá que recitar na aula dous poemas (mínimo de 6 versos cada un, poden ser varios poemas que sumen ese mínimo) e tamén facer un traballo creativo (calquera idea será boa sempre que estea ben traballada).
O recitado comezará a semana do 22 de abril. E a entrega do traballo creativo terá como data límite o 26 de abril.
Calquera dúbida, preguntádeme.
sexta-feira, 8 de março de 2024
Día Internacional da Muller
Neste curso Bibliotecas Escolares de Galicia escolleu o tema de Unha biblioteca escolar en viñetas para darlle visibilidade á banda deseñada e fomentar o traballo arredor do cómic e do álbum ilustrado.
segunda-feira, 4 de março de 2024
Proxecto Reino da Galiza
Rematamos un proxecto fantástico noso instituto!