Pesquisar neste blogue

Mostrar mensagens com a etiqueta DIVERSIDADE. Mostrar todas as mensagens
Mostrar mensagens com a etiqueta DIVERSIDADE. Mostrar todas as mensagens

quinta-feira, 12 de junho de 2025

Intercambio

     Este curso iniciamos un fermoso proxecto coas nosas colegas do IES Eusebio da Guarda. Comezamos coñecéndonos a traves do correo electrónico para despois intercambiarmos diferentes actividades colaborativas. Primeiro propuxémoslles coñecer ditos e refráns sobre a Candeloria e respondéronnos con enredos sobre aves de Galicia; con isto aproveitamos para facer un traballo de investigación sobre as características desas aves e facerlles un vídeo expositivo que nos serviu como pretexto para aprendermos máis do contorno do noso centro posto que fixemos un roterio guiado desde Educación ambietal do concello.

    Nos últimos meses xa tiñamos ganas de nos coñecer fisicamente así que artellamos as visitas aos respectivos centros. Recibímolos no noso centro cos brazos abertos cunha actividade de unir partes das cantigas para que se coñecesen un pouco máis. Demos un paseo polo centro e na despedida agasalláronnos cun marcapáxinas personalizado.

    Unha semana despois fomos o seu centro e tratáronnos de marabilla. A visita guiada polas instalacións do centro foi fantástica, mesmo nos recibiu a directora. E aínda tiñan dúas sorpresas máis: un conxunto de comidas propias de cada un dos seus país (que rico estaba todo! Parabéns e moitísimas grazas!!!) e unha visita ao tellado do instituto para ver unha estampa da cidade non moi habitual pois foi un privilexio.

    Deixovos aquí un pequeno resumo da nosa visita e da marabillosa experiencia. Entre todas había máis de 10 nacionalidades diferentes. Viva a diversidade!! E esperamos ansiosas o próximo curso a ver se podemos seguir intercambiando experiencias.

Nesta ligazazón IES EUSEBIO DA GUARDA podedes ver a cariñosa entrada que nos dedican.

    Moitas grazas, compañeiras!!!!




quinta-feira, 13 de março de 2025

Aves de Galicia

As nosas compañeiras e compañeiros do Eusebio da Guarda enviáronnos unha sopa de letras sobre aves de Galicia. Con elas nós fixemos esta presentación. Que vos parece??


 

terça-feira, 18 de fevereiro de 2025

Educación ambiental

 O alumnado de 3º de ESO (PDC) fixo un roteiro polo parque de Eirís para coñecer a flora, a fauna e o contorno en que vive. 

A actividade foi dirixida por Manuel e está dentro do proxecto de educación ambiental que leva o concello da Coruña para educar, sensibilizar e divulgar a toda a veciñanza e especialmente á rapazada. 

Foron dúas horas moi entretidas e produtivas. Sen dúbida, repetiremos! Grazas, Manuel!
















quinta-feira, 9 de janeiro de 2025

NORTE CINEMA DIVERSO

 Outro ano máis tivemos a visita de NORTE CINEMA DIVERSO. Esta é a 3ª edición do festival e do 20 ao 22 de febreiro no teatro Colón terán lugar diferentes actividades coa proxección de diferentes curtametraxes e películas.

O noso IES participou un ano máis no NCD Educa. O alumnado de 4º da ESO puido asistir á proxección de 5 curtametraxes e un coloquio a continuación. As dúas horas souberon a pouco pois tivemos que cortar o debate pola falta de tempo. Antes da erupción, O moble das fotos, Pancarta, A ponte, Leo e Un lugar partido e son os títulos que se proxectaron. 

A continuación Fito (Asociación Palestra LGTBI+), Paco (Fundación 26) e Paula (Comité antisida Casco) explicaron e responderon as dúbidas e preguntas da rapazada que demostrou a sensibilidade e preocupación sobre todo o que hai arredor da diversidade sexual.

Estade atentas e anotade as datas: 20, 21 e 22 de febreiro no Teatro Colón.








quinta-feira, 21 de novembro de 2024

Mulleres invisibles na historia

 Este é un traballo colaborativo feito por 3º ESO (PDC) para recuperar a memoria de moitas mulleres que se atreveron a saír da norma establecida. Todas teñen en común ser as primeiras!




quinta-feira, 10 de outubro de 2024

Ortografía fácil

Lingua galega, an interactive worksheet by kangurines5
liveworksheets.com
Palabras con mb e mp, an interactive worksheet by abarbeito
liveworksheets.com
acento gráfico 1 galego, an interactive worksheet by mestra
liveworksheets.com
Verbos en galego, an interactive worksheet by mariquinha
liveworksheets.com
feminino masculino galego, an interactive worksheet by mestra
liveworksheets.com

sexta-feira, 2 de fevereiro de 2024

NORTE CINEMA DIVERSO NO MONTE DAS MOAS

O xoves 25 tivemos a presentación de NORTE CINEMA DIVERSO. Este ano celebran a segunda EDICIÓN de festival, do 29 de febreiro e o 1 e 2 de marzo no Teatro Colón e a novidade é a achegar o festival aos centro educativos. 
Proxectáronse catro curtas: Antes da erupción, No binario, Pancarta e Moble de fotos. Despois da proxección o alumnado participou nunha charla debate cos representantes da Asociación Palestra LGTBI+, organizadora de Norte Cinema Diverso, un membro de Sexpoint Casco e da Fundación 26D.
Fito, Fernando, Paco e Jenni fixeron unha presentación marabillosa e moi necesaria, sempre en positivo e sendo moi claras na exposición do que supón a diversidade de xénero. 
 Aproveitade para ir á actividade CREANDO DIVERSIDADE (introdución ao cine con móbile) impartido por Domingo D. Docampo no Centro Cívico da Cidade Vella (nortecinemadiverso@gmail.com) ou se non podedes, ide ás proxeccións dos días 29 de febreiro, 1 e 2 de marzo (https://xornaldacoruna.gal/2023/12/19/o-ciclo-norte-cinema-diverso-ampliase-a-tres-dias-e-abre-unha-seccion-de-curtametraxes-en-galego/) 
 Repetiremos seguro!! Grazas!!!!







 


quinta-feira, 12 de maio de 2016

Así vemos a Manuel María.

Joel e a súa mensaxe nunha botella para Manuel María.

Diego xoga co mar, a terra e o vento de Manuel María.

Alberto e Manuel María.

Klaus descóbrenos a Manuel María.

sexta-feira, 12 de fevereiro de 2016

Violencia de xénero.

ÚLTIMAS NOTICIAS!!!



Ante a noticia aparecida no xornal Galegando, a rapazada do IES Afonso X púxose a traballar e a buscar na rede traballos e aspectos que lle puidesen axudar a cambiar de idea para que o galego non marchase.
O primeiro que lle enviaron foi este vídeo feito por Manuel Núñez Singala e Manuel Bermúdez Blanco do servizo de normalización lingüística da Universidade de Santiago de Compostela. A idea é reforzarlle que non se deixe menosprezar pois tamén é importante.





E mesmo lle cantaron unha cancionciña para que o pense e non se vaia:


A ver se con isto se anima a quedar!!!!