Pesquisar neste blogue

Mostrar mensagens com a etiqueta escrita creativa. Mostrar todas as mensagens
Mostrar mensagens com a etiqueta escrita creativa. Mostrar todas as mensagens

quarta-feira, 5 de outubro de 2022

SAMAÍN EN MOAS


 Para festexarmos o Samaín, desde a biblio propoñemos as seguintes actividades:

- Concurso de microrrelatos de terror: podedes ver as bases en bibliomoas.

- Concurso de banda deseñada de terror: podedes ver as bases en bibliomoas.

- Deseña o teu taboleiro terrorífico: podedes ver as bases en bibliomoas.

 

Quen dixo medo????


segunda-feira, 21 de março de 2022

Clases de palabras

 @aprofa preséntanos estas marabillosas tarefas para aprendermos as clases de palabras. Botádelles un ollo!!!! Grazas, Pilar!!!!

domingo, 19 de dezembro de 2021

Traballo da lectura do 2º trimestre de 1º de ESO

Aí vai a proposta de traballo sobre o libro de lectura do 2º trimestre: As meigas de Lupa de María Solar.

Aproveito o vídeo tan chulo que fixo Vanesa para presentarllo ao seu alumnado no 1º trimestre. Grazas, Vanesa!

Se hai persoas que non queren facer esta actividade, poderán facer o exame oral á volta de vacacións (organizamos o 1º día que nos vexamos).

Para entregar esta tarefa tedes de prazo até o 21 de xaneiro, despois deste día non se recollerá ningunha tarefa. Ánimo!!!!


terça-feira, 16 de fevereiro de 2016

Receita para ser unha boa docente!



         


Esta receita é unha adaptación da entrada dunha entrada do blogue periodicoedukt
 
 INGREDIENTES
- 1 vaso de vocación
- 5 culleradas de empatía
- 50 gramos de coñecementos 
- dinamismo (canto máis mellor). 
- 3 culleradas de optimismo 
- 50 gramos de comprensión 
- 50 gramos de paciencia 
- virutas de creatividade e de entusiasmo.

PREPARACIÓN



  Nun bol mesturamos os ingredientes claves para realizar o biscoito: 1 vaso de vocación e 5 culleradas de cercanía emocional. Estes elementos deben ir ben mesturados para obter unha buena base sobre a que se botarán os demais ingredientes.
                                                                          
      Mentres que a base toma a forma no forno, bater con esmero e consistencia 50 gramos de coñecementos e todo o dinamismo que teñamos na cociña. Hai que ter coidado de que non se corte o amoado, pois se botamos perder o dinamismo poderiamos formar unha mestra tradicional que realizaría a mesma metodoloxía durante a súa vida laboral, e non queremos iso!!!!!                                                                                                  

      Unha vez que sacamos o biscoito do forno, cortámolo pola metade para enchérmolo da crema realizada anteriormente.

      Noutro recipiente mesturamos 3 culleradas de optimismo, 50 gramos de comprensión e 50 gramos de paciencia. Co resultado bañaremos o pastel e deixarémolo arrefriar no frigorífico, de tal manera que todos os compoñentes do biscoito queden consistentes, mantendo as súas propiedades.

   Cando saquemos o pastel adornaremos a superficie con virutas de creatividade e entusiasmo.

      E xa temos unha docente ben fresquiña e lista para realizar a súa tarefa educativa!!!!
        


sábado, 10 de março de 2012

Agora tedes que buscar/seleccionar o poema que máis vos guste. Esta vez tedes que enviarmo por correo. O prazo remata o día 20 de marzo.

Citas que escolleron sobre a poesía

Cada poema é único. En cada obra late, con maior o menor grao, toda a poesía.

Cada lector busca algo no poema, e non é insólito que o encontre: xa o levaba dentro.

"La poesía no tiene tiempo, el que la lee la rescata, la hace presente y luego la regresa a su eternidad" Doménico Cieri Estrada

A poesía non ten tempo, o que a lee a rescata, faina presente e logo regrésaa a súa eternidade.

Poesía é a unión de dúas palabras que un nunca soubo que puideran xuntarse, e que forman algo así como un misterio.

Atopei unha cita de Carmen Conde, que para min expresa moi ben o que é a poesía: "A poesía é o sentimento que lle sobra ao corazón e che sae pola man."

Mentres que haxa un poeta,a poesía existirá.
"O verdadeiro poeta é o que inspira": esta foi a cita sobre a poesía que máis me gustou.

Eu sei que a poesía é imprescindible,pero non sei para que.(Jean Cocteau)

É imposible traducir a poesía.Acaso se pode traducir a música?

A poesía é o sentimento que lle sobra ao corazón.

O alumnado reflexiona sobre o que é, para el, a poesía.

A poesía é a forma de expresar os teus sentimentos ou inquietudes a través de rimas.

A poesía é unha forma que ten para expresarse o ser humano na cultura.

Para mi la poesia es una forma de exponer los sentimientos y sueños de cada uno.

Para min a poesía é a forma de contar a vida dunha maneira máis bonita. Tamén é a forma de falar dos poetas nunha linguaxe moi rebuscada.

A poesía é unha maneira de expresar os teus sentimentos dunha maneira máis elegante.

Para min, a poesía é unha forma de expresar os sentimentos máis íntimos, xeralmente relacionados co amor.

É a mellor forma de comunicarte con alguén, a quen lle queres transmitir os teus pensamentos ou sentimentos dunha forma máis pura e sincera.

Para min a poesía é unha forma de expresar sentimentos ás demais persoas.

A poesía é a forma na que o poeta expresa os seus sentimentos.

A poesía é a porta de saída dos sentimentos, os cales poden embelesar a calquera, sexa da idade que sexa. A poesía é falar dos sentimentos.

A poesía é unha forma de contar a túa historia.

quarta-feira, 29 de fevereiro de 2012

Obradoiro de escrita creativa.

Imos comezar unha actividade que nos vai levar bastantes días. Aquí vouvos ir propoñendo as actividades e vós iredes achegando os vosos resultados a través dos comentarios.
O primeiro que imos facer é reflexionar sobre a idea de poesía.

Poesía es ti, dixo Bécquer.

Tratar de definir poesía é como querer medir a intensidade do mar di Ánxeles Penas.

E agora vos:
a) Busca unha sentencia sobre poesía.
b) Responde: que é para ti a poesía?