Pesquisar neste blogue

Mostrar mensagens com a etiqueta animación á lectura. Mostrar todas as mensagens
Mostrar mensagens com a etiqueta animación á lectura. Mostrar todas as mensagens

sexta-feira, 22 de março de 2024

Lectura do 3º trimestre para 3º de ESO

 Este trimestre imos ler poesía. Penúltimas tendencias e Aplicación instantánea de Carlos Negro.

Haberá que recitar na aula dous poemas (mínimo de 6 versos cada un, poden ser varios poemas que sumen ese  mínimo) e tamén facer un traballo creativo (calquera idea será boa sempre que estea ben traballada). 

O recitado comezará a semana do 22 de abril. E a entrega do traballo creativo terá como data límite o 26 de abril.

Calquera dúbida, preguntádeme.


quarta-feira, 20 de dezembro de 2023

Traballo de lectura de 1º ESO

Podedes escoller entre os seguintes:

As meigas de Lupa de María Solar.

O castañeiro de abril de Antonio Manuel Fraga.

Os Megatoxos e o aprendiz de druída de Anxo Fariña.

Propoño dúas opcións de tarefa (escollede 1) que despois teredes que expoñer na clase. Prazo límete de entrega: 26 de xaneiro.

1ª Proposta: Aproveito o vídeo tan chulo que fixo Vanesa para presentarllo ao seu alumnado no 1º trimestre. Grazas, Vanesa!

2ª proposta:

- Diario viaxeiro: esta é o outra opción de tarefa. Trátase de ir lendo e ir anotando os pensamentos, as sensacións, as accións, as viaxes... todo o que nos chame a atención dos personaxes e plasmar todo iso nun diario mesturando imaxes, textos, texturas... O obxectivo é o mesmo que o anterior poder saber o argumento do libro só con ler o diario.

Debedes realizar a lectura da novela e a escrita do caderno de viaxe en paralelo.

Escribide as reflexións que farían as personaxes, os sentimentos que lles espertaron, os momentos vividos, as opinións sobre un tema determinado, as discusións que tiveron...

Incluíde ilustracións, recortes, obxectos variados, fotografías, poemas, cancións que vos suxira, lettering, colaxes...

 ImagenImagenDiario de lectura: cuando la lectura se convierte en una vivencia

Traballo lectura (3º ESO)

 Día límite de entrega: venres 19 de xaneiro. Despois haberá que expoñelos na aula.

 Vouvos explicar un pouco máis a tarefa que debedes facer despois de ler o libro. Escollede unha das dúas.

- Knolling literario: o knolling é unha técnica fotográfica que consiste en escoller unha composición de obxectos dispostos de tal maneira que cada un estea a 90º entre si. Despois trátase de tirar unha fotografía cenital.

Nós imos facelo pero literario. Trátase de analizar e representar o libro que lemos mediante obxectos (mínimo 8) que simbolizan ideas, personaxes, espazos, accións, etc.

Buscade un espazo despexado e con luz, pode ser no chan, na mesa...

Observade todos os obxectos que tedes ao redor e pensade os que vos lembre o libro que queredes representar.

Colocádeos de forma ordenada coa mesma distancia entre un e outro, priorizade os obxectos en paralelo e nun ángulo de 90º graos visto desde arriba (perspectiva cenital), de tal forma que resuman o argumento do libro nun vistazo.

Sacade unha foto que me podedes enviar ao correo ou á aula virtual. 

Despois colocádeos nunha caixa ou similar para levar á clase e explicar todo o conxunto e os motivos da vosa elección.

 Knolling Literario, Gamificación en ESO: Colegio Bérriz Las Rozas Knolling Literario, Gamificación en ESO: Colegio Bérriz Las Rozas

Como hacer Knolling: el arte de organizar las cosas perfectamente

- Diario viaxeiro: esta é o outra opción de tarefa. Trátase de ir lendo e ir anotando os pensamentos, as sensacións, as accións, as viaxes... todo o que nos chame a atención dos personaxes e plasmar todo iso nun diario mesturando imaxes, textos, texturas... O obxectivo é o mesmo que o anterior poder saber o argumento do libro só con ler o diario.

Debedes realizar a lectura da novela e a escrita do caderno de viaxe en paralelo.

Escribide as reflexións que farían as personaxes, os sentimentos que lles espertaron, os momentos vividos, as opinións sobre un tema determinado, as discusións que tiveron...

Incluíde ilustracións, recortes, obxectos variados, fotografías, poemas, cancións que vos suxira, lettering, colaxes...

 

Poñede a data cada vez que iniciedes unha entrada.


 ImagenDiario de lectura: cuando la lectura se convierte en una vivencia

quarta-feira, 16 de novembro de 2022

quarta-feira, 2 de novembro de 2022

quarta-feira, 14 de setembro de 2022

37 ideas para facer un traballo sobre unha lectura

 A miña compañeira e amiga Pilar ponte (@aprofa) fixo esta recompilación con ideas para non ter que facer un exame das lecturas. Como sabedes, a min tampouco me gusta facer exames dos libros que ledes e por iso vou botar man da súa recompilación. 

Se clicades en 37 ideas para facer un traballo sobre un libro de lectura, podedes obter toda a información. Seguide os pasos. Calquera dúbida, xa sabedes, preguntádeme!!! E se se vos ocorre outra idea, comentádema sen problema!!!!

Póñovos esta captura de pantalla da entrada para que non vos perdades porque lle hai que dar para baixo ao rato 😉😃



quarta-feira, 23 de março de 2022

Lectura voluntaria

 Aquí vos deixo o que ten que facer quen escolla a lectura voluntaria para subir ata un punto extra na nota final (sempre e cando teñas de media un 5). Clica aquí se non ves correctamente as imaxes.




quarta-feira, 22 de dezembro de 2021

Traballo de lectura de 2º de ESO


Neste segundo trimestre imos ler O corazón de Xúpiter de Ledicia Costas.

 Para a súa avaliación vou dar tres opcións:

- traballo creativo (será o mesmo que o de 1º de ESO que se explica neste vídeo, cambiamos As meigas de Lupa por O corazón de Xupiter);

- booktrailer (terá unha duración de mínimo 2 minutos e máximo 5; pode facerse en parellas. Valorarei, sobre todo, a creatividade, a información mellor tratada para incitar a ler a novela e a corrección lingüística. Tedes moitos exemplos na rede, mesmo deste libro (aviso, vinos!!!). Podedes seguir os consellos desta páxina;

- proba oral. Para a proba oral falamos á volta de vacacións e organizamos os días; comezarán o xoves 13 de xaneiro).

A entrega das tarefas será ata o 4 de febreiro (despois desta data non collerei ningunha).

Ánimo!!!!!


domingo, 19 de dezembro de 2021

Lembrade visitar os blogs da biblio e do club de lectura.

 Club de lectura: lecturas rebuldeiras.

Blog da biblioteca:  bibliomoas.

A que estades esperando!!!!

Traballo da lectura do 2º trimestre de 1º de ESO

Aí vai a proposta de traballo sobre o libro de lectura do 2º trimestre: As meigas de Lupa de María Solar.

Aproveito o vídeo tan chulo que fixo Vanesa para presentarllo ao seu alumnado no 1º trimestre. Grazas, Vanesa!

Se hai persoas que non queren facer esta actividade, poderán facer o exame oral á volta de vacacións (organizamos o 1º día que nos vexamos).

Para entregar esta tarefa tedes de prazo até o 21 de xaneiro, despois deste día non se recollerá ningunha tarefa. Ánimo!!!!


sexta-feira, 26 de novembro de 2021

Parabéns por estes traballos!!

 Sabedes que non me gusta facer exames dos libros de lectura e por iso potencio a vosa creatividade.

Cando me chegan traballos coma estes non podo máis que sentirme orgullosísima de vós e non deixo de pensar: 

Que sorte teño co alumnado!!! Grazas