Neste segundo trimestre imos ler O corazón de Xúpiter de Ledicia Costas.
Para a súa avaliación vou dar tres opcións:
- traballo creativo (será o mesmo que o de 1º de ESO que se explica neste vídeo, cambiamos As meigas de Lupa por O corazón de Xupiter);
- booktrailer (terá unha duración de mínimo 2 minutos e máximo 5; pode facerse en parellas. Valorarei, sobre todo, a creatividade, a información mellor tratada para incitar a ler a novela e a corrección lingüística. Tedes moitos exemplos na rede, mesmo deste libro (aviso, vinos!!!). Podedes seguir os consellos desta páxina;
- proba oral. Para a proba oral falamos á volta de vacacións e organizamos os días; comezarán o xoves 13 de xaneiro).
A
entrega das tarefas será ata o 4 de febreiro (despois desta data non
collerei ningunha).
Ánimo!!!!!
Sem comentários:
Enviar um comentário