Pesquisar neste blogue

Mostrar mensagens com a etiqueta IES Eusebio da Guarda. Mostrar todas as mensagens
Mostrar mensagens com a etiqueta IES Eusebio da Guarda. Mostrar todas as mensagens

quinta-feira, 12 de junho de 2025

Intercambio

     Este curso iniciamos un fermoso proxecto coas nosas colegas do IES Eusebio da Guarda. Comezamos coñecéndonos a traves do correo electrónico para despois intercambiarmos diferentes actividades colaborativas. Primeiro propuxémoslles coñecer ditos e refráns sobre a Candeloria e respondéronnos con enredos sobre aves de Galicia; con isto aproveitamos para facer un traballo de investigación sobre as características desas aves e facerlles un vídeo expositivo que nos serviu como pretexto para aprendermos máis do contorno do noso centro posto que fixemos un roterio guiado desde Educación ambietal do concello.

    Nos últimos meses xa tiñamos ganas de nos coñecer fisicamente así que artellamos as visitas aos respectivos centros. Recibímolos no noso centro cos brazos abertos cunha actividade de unir partes das cantigas para que se coñecesen un pouco máis. Demos un paseo polo centro e na despedida agasalláronnos cun marcapáxinas personalizado.

    Unha semana despois fomos o seu centro e tratáronnos de marabilla. A visita guiada polas instalacións do centro foi fantástica, mesmo nos recibiu a directora. E aínda tiñan dúas sorpresas máis: un conxunto de comidas propias de cada un dos seus país (que rico estaba todo! Parabéns e moitísimas grazas!!!) e unha visita ao tellado do instituto para ver unha estampa da cidade non moi habitual pois foi un privilexio.

    Deixovos aquí un pequeno resumo da nosa visita e da marabillosa experiencia. Entre todas había máis de 10 nacionalidades diferentes. Viva a diversidade!! E esperamos ansiosas o próximo curso a ver se podemos seguir intercambiando experiencias.

Nesta ligazazón IES EUSEBIO DA GUARDA podedes ver a cariñosa entrada que nos dedican.

    Moitas grazas, compañeiras!!!!




segunda-feira, 26 de maio de 2025

Intercambio co IES Eusebio da Guarda

 O pasado xoves 22 o alumnado do IES Eusebio da Garda veunos visitar. Fixémoslles un recibimento con cantigas, unha visita guiada polo noso centro e rematamos con intercambio de agasallos.

Unha visita moi interesante pois previamente fixemos intercambio de actividades e correos electrónicos. Estamos desexando devolverlles a visita. Que nervios!!!!