Hoxe 26 de maio festexamos as Letras Galegas cunha foliada. Canto nos prestou!!! Grazas Nati, Alberte, Xoel e Alberto por nos virdes acompañar. Viva o canto e o baile tradicional!!!!!
Hoxe 26 de maio festexamos as Letras Galegas cunha foliada. Canto nos prestou!!! Grazas Nati, Alberte, Xoel e Alberto por nos virdes acompañar. Viva o canto e o baile tradicional!!!!!
O pasado xoves 22 o alumnado do IES Eusebio da Garda veunos visitar. Fixémoslles un recibimento con cantigas, unha visita guiada polo noso centro e rematamos con intercambio de agasallos.
Unha visita moi interesante pois previamente fixemos intercambio de actividades e correos electrónicos. Estamos desexando devolverlles a visita. Que nervios!!!!
O pasado día 13 o Club de lectrua de PDC e o alumnado de Oratoria tivemos un encontro na biblioteca do Castrillón con Paula Carballeira, un grupo de usuarias do Centro de Día, o club de lectura Obxectivo Bibliotk e un grupo de alumnas do IES de Monelos.
Foi un encontro fantástico pois puidemos falar das lecturas realizadas, Trece avisos e As alumnas. Ademais co alumnado de Oratoria preparamos uns textos moi divertidos da súa obra de teatro Alicia & Alicia. As alumnas de Monelos cantaron uns cantigas tradicionais e rematamos cantando todas o Pasodobre de Laxoso.
Deixo aquí un pequeno resumo do ben que o pasamos. Viva a literatura!!!!! Viva a oralidade!!!!