Pesquisar neste blogue

Mostrar mensagens com a etiqueta 4º ESO. Mostrar todas as mensagens
Mostrar mensagens com a etiqueta 4º ESO. Mostrar todas as mensagens

segunda-feira, 4 de março de 2024

Proxecto Reino da Galiza

Rematamos un proxecto fantástico noso instituto! 

Grazas a Raquel Germade, Xoán Curiel a Carlos Freire que se achegaron para traernos parte da nosa historia a través deste marabilloso proxecto sobre o Reino de Galicia. Foi diferente e interesante asistir ao concerto participativo e ir vendo aos poucos como se desenvolvía o mural. Unha experiencia que pensamos que será inesquecible!  

E grazas a Paula e a Adrián pola fantástica entrevista que lle fixeron a Xoán (estade pendentes que en breve vos ensinaremos un bocadiño!)

#CertameFondodeproxectosculturaisReinodeGalicia

#deputaciondacoruña #xoan_curiel #raquel_germade #Bleuennlefriec #ReinodeGalicia #ACulturaÉUnDereito #EducaciónTransformadora




Momentazos do concerto coas nosas colaboradoras. Grazas!!!







O salón de actos cheo:






Parte das nosas artistas colaboradoras con Xoán e Raquel. Grazas!!!!:




Visitamos o proceso de creación do mural que nos explica Raquel:




E aquí o resultado final do mural. Precioso!!!:


sexta-feira, 2 de fevereiro de 2024

NORTE CINEMA DIVERSO NO MONTE DAS MOAS

O xoves 25 tivemos a presentación de NORTE CINEMA DIVERSO. Este ano celebran a segunda EDICIÓN de festival, do 29 de febreiro e o 1 e 2 de marzo no Teatro Colón e a novidade é a achegar o festival aos centro educativos. 
Proxectáronse catro curtas: Antes da erupción, No binario, Pancarta e Moble de fotos. Despois da proxección o alumnado participou nunha charla debate cos representantes da Asociación Palestra LGTBI+, organizadora de Norte Cinema Diverso, un membro de Sexpoint Casco e da Fundación 26D.
Fito, Fernando, Paco e Jenni fixeron unha presentación marabillosa e moi necesaria, sempre en positivo e sendo moi claras na exposición do que supón a diversidade de xénero. 
 Aproveitade para ir á actividade CREANDO DIVERSIDADE (introdución ao cine con móbile) impartido por Domingo D. Docampo no Centro Cívico da Cidade Vella (nortecinemadiverso@gmail.com) ou se non podedes, ide ás proxeccións dos días 29 de febreiro, 1 e 2 de marzo (https://xornaldacoruna.gal/2023/12/19/o-ciclo-norte-cinema-diverso-ampliase-a-tres-dias-e-abre-unha-seccion-de-curtametraxes-en-galego/) 
 Repetiremos seguro!! Grazas!!!!







 


domingo, 3 de abril de 2022

Amnesia 3.0

O pasado luns, 28 de marzo, tivemos a visita de Irene Pin para ver a primeira web serie interactiva en galego da cal é a directora. A novidade é a posibilidade de escoller diferentes puntos de vista dos personaxes para así seguir un camiño ou outro no desenvolvemento da acción.

O alumnado de 1º de bacharelato e o de 4º de ESO foi o afortunado de participar na actividade. Moi interesante a explicación do proceso de elaboración, da escolla das actrices e actores e tamén da situación do audiovisual galego.

Participou tamén un alumna de 1º de bacharelato, Xoel Lago Hermida, que falou da súa experiencia como actor e do proceso de participación nun cásting.

Moitas grazas, Irene, e boa andaina coa 2ª parte de Amnesia 3.0.





sexta-feira, 25 de março de 2022

Amnesia 3.0

Imaxina espertar un día sen lembranzas do día anterior. Este é o universio Amnesia 3.0. Ten a particularidade de que ti podes escoller o que pasa na historia.

Este luns, 28 de marzo, teremos a proxección da primeira web serie de ciencia ficción en galego. Estará presente a directora Irene Pin e posteriormente haberá un coloquio co alumnado. Haberá dous pases: 9.20 a 11 para 1º de bacharelato e de 11.30 a 13 para o de 4º de ESO. Tamén falará un alumno do centro que tivo unha pequena participación nesta serie.