Pesquisar neste blogue

Mostrar mensagens com a etiqueta crónicas dunha desmemoria. Mostrar todas as mensagens
Mostrar mensagens com a etiqueta crónicas dunha desmemoria. Mostrar todas as mensagens

sábado, 22 de outubro de 2022

Crónicas dunha desmemoria (12)

Durante o reinado dos Reis Católicos levouse a cabo en Galicia o que aparece recollido nas crónicas como ‘doma’, é dicir, a eliminación de todo aquilo que lle daba identidade ao noso pobo e que, polo tanto, supoñía un perigo para o ideal de territorio unificado que buscaban Isabel e Fernando. 

Para conseguir esa unificación substituíron ás elites dirixentes do país por outro señorío chegado de fóra, instauraron institucións centralizadoras, e impuxeron o castelán como lingua oficial.

 

Crónica dunha desmemoria (11)

As revoltas irmandiñas foron a primeira gran revolución social europea. Neste episodio histórico entenderemos por que se levantou todo o pobo contra os señores feudais derrocando os seus castelos e tomando o poder. E o que é máis importante: Que significou para o noso pobo a derrota dos miles de homes e mulleres que quixeron loitar contra os abusos dos tiranos.

 

sábado, 24 de setembro de 2022

Crónicas dunha desmemoria

 Eu son fan de @surfeandolibros. Esta conta lévaa Irene que agora se embarcou a contarnos historias da nosa historia a partir do libro de Xosé Cernades Andrade e mais Anselmo López Carreira, editado por Xerais.

 Galicia esqueceu que houbo un día en que foi un gran reino, o primeiro reino europeo; tampouco lembra que a súa lingua era a máis culta e prestixiosa da península, e que os seus dominios se estendían polas terras que hoxe coñecemos como Castela, Asturias, Cantabria e Portugal. Desde o Castelo de Salvaterra, Irene comeza a repasar os feitos históricos que nos axudarán a atravesar o río do Esquecemento para recuperar a memoria colectiva e reescribir este capítulo da nosa Historia.

Velaquí o primeiro capítulo: