Pesquisar neste blogue

Mostrar mensagens com a etiqueta historias. Mostrar todas as mensagens
Mostrar mensagens com a etiqueta historias. Mostrar todas as mensagens

sábado, 24 de setembro de 2022

Crónicas dunha desmemoria

 Eu son fan de @surfeandolibros. Esta conta lévaa Irene que agora se embarcou a contarnos historias da nosa historia a partir do libro de Xosé Cernades Andrade e mais Anselmo López Carreira, editado por Xerais.

 Galicia esqueceu que houbo un día en que foi un gran reino, o primeiro reino europeo; tampouco lembra que a súa lingua era a máis culta e prestixiosa da península, e que os seus dominios se estendían polas terras que hoxe coñecemos como Castela, Asturias, Cantabria e Portugal. Desde o Castelo de Salvaterra, Irene comeza a repasar os feitos históricos que nos axudarán a atravesar o río do Esquecemento para recuperar a memoria colectiva e reescribir este capítulo da nosa Historia.

Velaquí o primeiro capítulo:

quarta-feira, 16 de setembro de 2015

Imos escribir unha historia.

Pois imos comezar o curso e desta volta dunha maneira diferente. Esta é unha árbore, coñecédela???? Non, pois imos contar a súa historia, a historia do que ve, do que sentiu, do que sente, do que pasou... a historia do que queiras.

Envíaa a alumnadomeu@gmail.com.

Tes de prazo até o luns 21 ás 23.59. Mínimo 20 liñas e o título.

Ánimo!!!

Bo comezo de curso e a gozar coa lingua e a literatura galega!!!!!!!!!!!