'Francisco Fernández del Riego, o que nunca se rendeu' é unha serie documental de seis episodios sobre o intelectual ao que a Real Academia Galega lle dedica o Día das Letras Galegas 2023, producida pola propia e institución e realizada pola produtora Miramemira co apoio económico da Xunta de Galicia e o Ministerio de Ciencia e Innovación.
Pesquisar neste blogue
quarta-feira, 3 de maio de 2023
quinta-feira, 20 de abril de 2023
segunda-feira, 20 de fevereiro de 2023
sexta-feira, 2 de dezembro de 2022
Ortografía para todo o mundo
Aquí vos van un par de propostas para practicar eses erros que cometedes sempre.
Nesta web podedes atopar explicacións ben chulas en forma de pílulas informativas.
E neste vídeo Esther Estévez déixao moi clariño:
quarta-feira, 16 de novembro de 2022
Como facer un resumo e un esquema
É importante aprender a resumir e a esquematizar para poder estudar mellor e máis facilmente.
En Aulas galegas axudanche: preme aquí.
E en cotovía.org tamén nolo explican doutra maneira: como facer un resumo.
segunda-feira, 26 de setembro de 2022
Como se cita o material multimedia?
Aquí podedes ver como se cita o material multimedia, tanto propio como alleo. Lembrade que todo material ten a súa propietaria. PDF.
domingo, 26 de setembro de 2021
domingo, 15 de novembro de 2020
Dicionario de dúbidas castelán-galego
Bo día!
Nova ferramenta que nos vai vir xenial. Dicionario en liña castelán-galego de Rinoceronte Editora.
Rinoceronte é unha editorial centrada, principalmente, na tradución ao galego. O seu director, Moisés Barcia, ten dito que o dicionario naceu da necesidade que o persoal tradutor tiña de acceder ás formas correctas en galego, especialmente daqueles conceptos que están máis estendidos (case interiorizados) en castelán. Polo tanto, a xenerosidade do grupo editorial é dobre: á parte de permitir a consulta gratuíta, pública e universal do valor engadido durante estes anos, desenvolveu unha ferramenta actual, fácil de usar, robusta e rápida mercé aos seus propios recursos, sen ningún apoio institucional ou patrocinio cultural.

