Os castelos é un novo programa da TVG. Nel podemos ver recreacións de castelos destruídos ou perdidos e tamén a súa historia que é a historia de Galicia. Nel reflíctese o poder dos señores feudais.
O primeiro programa podedes velo nesta ligazón, está dedicado ao castelo de Pambre.
Proceso de restitución 3D do castelo da Rocha Forte, en Santiago de Compostela, fortaleza que foi destruida completamente polos Irmandiños no ano 1467 e prácticamente esquecida e abandonada ata 2001, ano no que se comezou o seu estudo e escavación arqueolóxica:
Na segunda crónica imos saber como chegan os suevos a Galicia en plena
descomposición do imperio romano, e por que cambian as espadas polos
arados e se instalan durante varios séculos nestas terras, onde
constitúen o primeiro estado de toda Europa. A eles debémoslle a
primeira moeda que se acuñou, a división do territorio en parroquias e a
conversión ao cristianismo, que xa quedaría instalado como credo
oficial.
Eu son fan de @surfeandolibros. Esta conta lévaa Irene que agora se embarcou a contarnos historias da nosa historia a partir do libro de Xosé Cernades Andrade e mais Anselmo López Carreira, editado por Xerais.
Galicia esqueceu que houbo un día en que foi un gran reino, o primeiro
reino europeo; tampouco lembra que a súa lingua era a máis culta e
prestixiosa da península, e que os seus dominios se estendían polas
terras que hoxe coñecemos como Castela, Asturias, Cantabria e Portugal.
Desde o Castelo de Salvaterra, Irene comeza a repasar os feitos
históricos que nos axudarán a atravesar o río do Esquecemento para
recuperar a memoria colectiva e reescribir este capítulo da nosa
Historia.