Pesquisar neste blogue
domingo, 2 de outubro de 2022
quarta-feira, 28 de setembro de 2022
Animádevos!!!
Aquí podedes consultar as bases: concello de Ames.
@sarasecorial Anímate e participa no #Galetiktokers22 Da igual do concello que sexas, só hai que crear contido en galego #tiktokengalego #galitok #galegosnotiktok #tiktokgalego #parati #fyp #viral ♬ sonido original - Sara Seco Rial
segunda-feira, 26 de setembro de 2022
Como se cita o material multimedia?
Aquí podedes ver como se cita o material multimedia, tanto propio como alleo. Lembrade que todo material ten a súa propietaria. PDF.
Os castelos (I)
Os castelos é un novo programa da TVG. Nel podemos ver recreacións de castelos destruídos ou perdidos e tamén a súa historia que é a historia de Galicia. Nel reflíctese o poder dos señores feudais.
O primeiro programa podedes velo nesta ligazón, está dedicado ao castelo de Pambre.
Proceso de restitución 3D do castelo da Rocha Forte, en Santiago de Compostela, fortaleza que foi destruida completamente polos Irmandiños no ano 1467 e prácticamente esquecida e abandonada ata 2001, ano no que se comezou o seu estudo e escavación arqueolóxica:
Crónicas dunha desmemoria (capítulo 2)
Na segunda crónica imos saber como chegan os suevos a Galicia en plena descomposición do imperio romano, e por que cambian as espadas polos arados e se instalan durante varios séculos nestas terras, onde constitúen o primeiro estado de toda Europa. A eles debémoslle a primeira moeda que se acuñou, a división do territorio en parroquias e a conversión ao cristianismo, que xa quedaría instalado como credo oficial.
sábado, 24 de setembro de 2022
Crónicas dunha desmemoria
Eu son fan de @surfeandolibros. Esta conta lévaa Irene que agora se embarcou a contarnos historias da nosa historia a partir do libro de Xosé Cernades Andrade e mais Anselmo López Carreira, editado por Xerais.
Galicia esqueceu que houbo un día en que foi un gran reino, o primeiro reino europeo; tampouco lembra que a súa lingua era a máis culta e prestixiosa da península, e que os seus dominios se estendían polas terras que hoxe coñecemos como Castela, Asturias, Cantabria e Portugal. Desde o Castelo de Salvaterra, Irene comeza a repasar os feitos históricos que nos axudarán a atravesar o río do Esquecemento para recuperar a memoria colectiva e reescribir este capítulo da nosa Historia.
Velaquí o primeiro capítulo:
segunda-feira, 19 de setembro de 2022
Lorena, a dos pés lixeiros
RARÁMURI Lorena -- La de los pies ligeros Video 01 from Octavio Herrera Estica on Vimeo.

