O xoves 27 de marzo xunto co alumnado de PDC visitamos a Domus e o Aquarium Finisterrae da Coruña. Tivemos unha mañá de sol fantástica. Aproveitamos moito a mañá e serviunos para aprender, divertirnos e convivir. Pasámolo xenial!
Pesquisar neste blogue
domingo, 30 de março de 2025
quarta-feira, 19 de março de 2025
Andorra
Como as compañeiras e compañeiros de 3º están de viaxe en Andorra, o alumnado de PDC fixo esta presentación sobre o país. A ver se vos gusta!
terça-feira, 18 de março de 2025
quinta-feira, 13 de março de 2025
Aves de Galicia
terça-feira, 18 de fevereiro de 2025
Educación ambiental
O alumnado de 3º de ESO (PDC) fixo un roteiro polo parque de Eirís para coñecer a flora, a fauna e o contorno en que vive.
A actividade foi dirixida por Manuel e está dentro do proxecto de educación ambiental que leva o concello da Coruña para educar, sensibilizar e divulgar a toda a veciñanza e especialmente á rapazada.
Foron dúas horas moi entretidas e produtivas. Sen dúbida, repetiremos! Grazas, Manuel!
quarta-feira, 12 de fevereiro de 2025
INNOVART 2025
O xoves día 6 o alumnado de 1º de bacharelato visitou no Gaiás o INNOVART 2025. Trátase dunha excelente ocasión para coñecer o potencial das ensinanzas artísticas, de idiomas e deportivas que se ofrecen en Galicia, xa que conta con material expositivo e actividades interactivas de: arte dramática, artes plásticas e deseño, conservación e restauración de bens culturais, danza, ensinanzas deportivas, idiomas e música. Houbo tamén concertos, conferencias e espectáculos escénicos.
Unha mañá fantástica!!!
Visita ao MUDITEL
É percorrido pola historia da telefonía e das telecomunicacións dende Graham Bell ata a fibra óptica, explorando os equipos e dispositivos que foron dando servizo a través do tempo ata a actualidade e que aínda se atopan operativos.
Trátase dunha visita dinámica na que, a través de demostracións, puidemos coñecer en primeira persoa o funcionamento de
diversos elementos históricos que abarcan todas as disciplinas das
telecomunicacións vencelladas ao servizo telefónico, como telégrafos,
terminais telefónicos, centrais, cables ou radios.
quarta-feira, 5 de fevereiro de 2025
Torneo de debate da Fundación Barrié
O alumnado de Oratoria de 3º ESO participou no VII Torneo de Debate da Fundación Barrié. O equipo formado por Daniela, Noelia, Mabel e Hugo fixérono xenial. Gañaron dous dos tres debates e conseguiron 291 puntos. Eran 40 centros seleccionados de máis de 150 solicitudes presentadas por centros de toda Galicia.
Moitos parabéns! Estamos moi orgullosas de vós!!!!
quarta-feira, 29 de janeiro de 2025
A Candeloria
Aquí podedes ver os traballos que preparou o alumnado de 3º PDC para lle enviar ao alumnado do Eusebio da Garda. A ver se son quen de resolver as tarefas.
Gabija preparou:
Brithany preparou:
Naiara e Nicoll fixeron:
Fran ideou:
Martín e Leo prepararon:
Hugo e Izan presentan:
quinta-feira, 9 de janeiro de 2025
NORTE CINEMA DIVERSO
O noso IES participou un ano máis no NCD Educa. O alumnado de 4º da ESO puido asistir á proxección de 5 curtametraxes e un coloquio a continuación. As dúas horas souberon a pouco pois tivemos que cortar o debate pola falta de tempo. Antes da erupción, O moble das fotos, Pancarta, A ponte, Leo e Un lugar partido e son os títulos que se proxectaron.
A continuación Fito (Asociación Palestra LGTBI+), Paco (Fundación 26) e Paula (Comité antisida Casco) explicaron e responderon as dúbidas e preguntas da rapazada que demostrou a sensibilidade e preocupación sobre todo o que hai arredor da diversidade sexual.
Estade atentas e anotade as datas: 20, 21 e 22 de febreiro no Teatro Colón.
