Ola! Somos Fran e Hugo e hoxe imos entrevistar a Peace Oviasogie Barnabas que practica voleibol.
1.- Cóntanos quen es ti?
Ola! Eu son Peace e curso 1º de bacharelato no IES Monte das Moas.
2.- En que consiste o teu deporte? Pertences a algún club?
Eu practico voleibol. Un deporte en equipo que require coordinación e comunicación entre as xogadoras do equipo. Consiste en que o balón non caia ao chan. Cada equipo ten 3 pases máximo cada vez que o balón entra no seu campo. Entre estes pases está: a recepción, a colocación, o remate e a defensa. Non se conta como pase o saque e o bloqueo das xogadoras dianteiras. Este deporte ten 3 sets de 25 puntos pero tes que gañar os 3 sets para gañar o partido; no caso que empate, realízase un cuarto set e ata un quinto (este último de 15 puntos). Entre cada set o equipo ten que cambiar de campo. Adoita haber 6 xogadoras no campo, pero xogan 7 (dependendo da categoría). As posicións principais das xogadoras son: colocadora, receptora, oposta, central e líbero (depende da categoría). Practico este deporte no Club de Voleibol Oleiros.
3.- Cando comezaches a practicar o voleibol? Onde adestras?
Comecei a practicar voleibol aos 14 anos e adestro en Oleiros, onde está o club.
4.- Por que escolliches o voleibol?
Por nada especial, gustábame, decidín probar e aquí sigo.
5.- Practicas algún outro deporte?
Non, non practico outro deporte.
6.- Como te preparas para a competición? Segues algunha rutina...
Normalmente, antes de comezar un partido, os equipos teñen 1 hora para quentar e facer as súas rutinas de quecemento. Nesa hora tamén se quentan pases, remates e saques. Persoalmente, escoito música antes de chegar ao pavillón e intento non pensar moito no partido porque sempre me poño moi nerviosa nos partidos.
7.- Tes algunha referente?
Si, as miñas referentes son Simeon Nikolov e Mya Allen.
8.- Que obxectivos tes para o futuro?
Para a miña categoría, o obxectivo é chegar ao Campionato de España, pero persoalmente, gustaríame clasificar para a Selección Española.
9.- Que consellos lle darías a alguén que quere comezar no atletismo? Recoméndalo?
Se vas comezar este deporte recomendo ter moita paciencia xa que é un deporte que necesita moita práctica. Recomendo o deporte porque axuda a fortalecer varias partes do corpo e é unha boa maneira de pasar o tempo, xa sexa cos teus amigos no parque ou cos compañeiros no equipo.
10.- Que beneficios ten facer voleibol?
Pois o que vos dixen, fortalece o corpo e é unha maneira fantástica de facer amigas e sobre todo equipo, pois somos un grande equipo.
11.- Despedida
Moitas grazas por me entrevistar.
Sem comentários:
Enviar um comentário