Os pasados 4 e 11 de abril tivemos un encontro coa colaboración da Fundación Obra Social Abanca e o Centro de día Frama. Remedios, Francisco e Pancho contáronnos as súas historias da emigración e ao mesmo tempo a rapazada contou as súas historias familiares en torno á emigración. Foi un encontro marabilloso. Grazas!!!!
Aquí tedes un petisco:
Estas foron as dinámicas seguidas:
Dinámica do 1º encontro:
- Proxección breve 10" de fragmentos do documental "América o el Shangai", para introducir e entrar en materia.
- Presentación dos maiores participantes, e exposición das súas historias de vida: Francisco, que emigrou a Noruega e despois a Inglaterra, moi involucrado co Centro Galego de Londres, Remedios, dunha familia de 14 irmáns que emigrou a Venezuela embarcada ela soa con apenas 16 anos, e Pancho que emigrou a Arxentina.
- Diálogo e debate, incorporando a participación do alumnado, abrindo unha quenda de preguntas.
- Proposta de traballo escolar ao alumnado para que investiguen acerca da súa propia historia familiar, explorando os seus vencellos coa emigración.
Dinámica do 2º encontro:
O alumnado expón os resultados do seu traballo escolar e as súas historias da emigración. No caso de alumnado migrante, expoñen as súas propias historias de vida, fotografías, documentación, etc...
Traballo
conxunto entre alumnado e persoas maiores por grupos, nos que debaten
sobre os seguintes temas e despois facemos unha posta en común
- Motivacións para emigrar: que motivacións identificaron nos relatos dos maiores e nas historias persoais do alumnado.
- Principais dificultades que deben afrontar as persoas que emigran. Beneficios da emigración para as persoas que emigran, aspectos positivos.
- Comparar a emigración galega coa inmigración a Galicia ou a outras partes do mundo, especialmente se hai alumnado inmigrante na aula: aspectos comúns e diferenzas.
- Causas dos fenómenos migratorios: por que Galicia emigrou con tanta intensidade? Impacto da emigración no país receptor e no país emisor da emigración
Sem comentários:
Enviar um comentário