Pesquisar neste blogue

sexta-feira, 2 de fevereiro de 2024

NORTE CINEMA DIVERSO NO MONTE DAS MOAS

O xoves 25 tivemos a presentación de NORTE CINEMA DIVERSO. Este ano celebran a segunda EDICIÓN de festival, do 29 de febreiro e o 1 e 2 de marzo no Teatro Colón e a novidade é a achegar o festival aos centro educativos. 
Proxectáronse catro curtas: Antes da erupción, No binario, Pancarta e Moble de fotos. Despois da proxección o alumnado participou nunha charla debate cos representantes da Asociación Palestra LGTBI+, organizadora de Norte Cinema Diverso, un membro de Sexpoint Casco e da Fundación 26D.
Fito, Fernando, Paco e Jenni fixeron unha presentación marabillosa e moi necesaria, sempre en positivo e sendo moi claras na exposición do que supón a diversidade de xénero. 
 Aproveitade para ir á actividade CREANDO DIVERSIDADE (introdución ao cine con móbile) impartido por Domingo D. Docampo no Centro Cívico da Cidade Vella (nortecinemadiverso@gmail.com) ou se non podedes, ide ás proxeccións dos días 29 de febreiro, 1 e 2 de marzo (https://xornaldacoruna.gal/2023/12/19/o-ciclo-norte-cinema-diverso-ampliase-a-tres-dias-e-abre-unha-seccion-de-curtametraxes-en-galego/) 
 Repetiremos seguro!! Grazas!!!!







 


quinta-feira, 11 de janeiro de 2024

Pílulas informativas

E máis traballos. Esta rapazada é fantástica. Desta volta:

- o escritorio


 - o corpo humano

- a cociña

 

- o meu cuarto

- o fútbol

 

-as froitas  (non é un vídeo, son fotos)


- as comidas

Pílulas informativas

Seguimos recollendo os traballos do alumnado. 

Desta volta temos:

 - o baixo

 - a aldea

- a roupa

 

 - o salón


 

segunda-feira, 8 de janeiro de 2024

Pílulas informativas

Aquí están os primeiros traballos sobre os campos semánticos:

- a casa



- a carpintería de ribeira


 

- a cociña

- o corpo humano

- as bebidas



quinta-feira, 28 de dezembro de 2023

Casa Museo Picasso

 Tiñamos pendente publicar esta visita fantástica á Casa Museo Picasso da man d´Os náufragos teatro a través do proxecto VINTE 23. Visións, soños e mentiras.

O mellor é que sexan as vosas palabras as que opinen:

Encantoume como contaban a historia e o teatro (R.M.)

Aprendín como era a vida na Coruña e un pouco máis sobre Picasso (G.M)

Foi unha actividade moi entretida e interesante que nos deu moita información sobre a forma de vida e as obras que antes descoñeciamos sobre un pintor tan icónico como Picasso que tamén deixou marca na historia da Coruña. A mellor parte da excursión foi a representación do que lle ocorreu á irmá de Picasso (M.F.)

O que máis me gustou foi a actuación de Conchita cando morría, cando ían cunha máscara de touro e tamén me gustou moito a actuación de cando foi o médico á casa de Picasso para ver como estaba a súa irmá e o tratamento que lle ían dar (L.L.)

O que máis me gustou foi cando tivemos que construír unha pomba de origami (D.L.)

Pareceume unha experiencia moi interesante e diferente ao que facemos normalmente (E.I.)

Encantaríame ter máis oportunidades coma esta para aprender máis sobre personaxes históricos galegos (C.N.)

 




 

 

 

 

 

Deixamos aquí un pequeno vídeo cheo de momentos para a lembraza despois das vosas valoracións tan positivas.

quarta-feira, 20 de dezembro de 2023

Traballo de lectura de 1º ESO

Podedes escoller entre os seguintes:

As meigas de Lupa de María Solar.

O castañeiro de abril de Antonio Manuel Fraga.

Os Megatoxos e o aprendiz de druída de Anxo Fariña.

Propoño dúas opcións de tarefa (escollede 1) que despois teredes que expoñer na clase. Prazo límete de entrega: 26 de xaneiro.

1ª Proposta: Aproveito o vídeo tan chulo que fixo Vanesa para presentarllo ao seu alumnado no 1º trimestre. Grazas, Vanesa!

2ª proposta:

- Diario viaxeiro: esta é o outra opción de tarefa. Trátase de ir lendo e ir anotando os pensamentos, as sensacións, as accións, as viaxes... todo o que nos chame a atención dos personaxes e plasmar todo iso nun diario mesturando imaxes, textos, texturas... O obxectivo é o mesmo que o anterior poder saber o argumento do libro só con ler o diario.

Debedes realizar a lectura da novela e a escrita do caderno de viaxe en paralelo.

Escribide as reflexións que farían as personaxes, os sentimentos que lles espertaron, os momentos vividos, as opinións sobre un tema determinado, as discusións que tiveron...

Incluíde ilustracións, recortes, obxectos variados, fotografías, poemas, cancións que vos suxira, lettering, colaxes...

 ImagenImagenDiario de lectura: cuando la lectura se convierte en una vivencia