Pesquisar neste blogue
Mostrar mensagens com a etiqueta IES David Buján. Mostrar todas as mensagens
Mostrar mensagens com a etiqueta IES David Buján. Mostrar todas as mensagens
terça-feira, 27 de outubro de 2015
terça-feira, 10 de fevereiro de 2015
quarta-feira, 21 de maio de 2014
quarta-feira, 9 de abril de 2014
Vicente Feijoo Ares
Este luns pasamos unha tarde fantástica escoitando a Vicente Feijoo Ares falar de toponimia do noso concello, Cambre. Fíxonos unha magnífica presentación e con el aprendemos un montón de curiosidades sobre a toponimia deste concello.
Como el ben dixo, é importantísimo coidar que non se perdan os topónimos porque forman parte da nosa cultura. Detrás deles hai historias que non están recollidas en ningures e nós, vós principalmente, temos a importante misión de recuperalos e conservalos. Así que veña! a empezar a falar coas avoas, avós para que vos conten a historia que vos rodea. Espero esas historias sobre topónimos con ansia!!!!!!
Esta foi a presentación que nos deixou. Aquí a tedes para ensinarlla a quen queirades ou para vela vós. Grazas, Vicente, polo teu traballo, esforzo e xenerosidade. Esperamos que volvas contarnos máis curiosidades sobre os litotopónimos!!!
Aquí vos deixo un par de momentos (a verdade é que escollín fatal a fotógrafa ;) !!!!!!!)
segunda-feira, 31 de março de 2014
sexta-feira, 28 de março de 2014
sexta-feira, 7 de março de 2014
HADRIÁN RECOMENDA...
| Uxía Senlle e Isabel Leal con Hadrián |
Vimos de rematar febreiro, o mes do corazón, e estamos na véspera do 8 de marzo, día da muller. Que mellor ocasión para que Hadrián vos presente a Mónica e tamén esta mestura de corazóns musicais que iniciaron dúas mulleres.
No limiar de CORASÓNS Uxía di "todo comezou no Facebook, onde atopei esta marabillosa fotógrafa que traballa de mestra nun cárcere da cidade de Porto..." Así se inicia un fermoso proxecto de amizade e música. O noso Adrián que é un sortudo coñeceu a Uxía Senlle e a Isabel Leal que, sen elas, nada sería igual. Un libro para ler, un CD para escoitar, un DVD para mirar e un proxecto co que gozar.
Mais neste proxecto colabora moita xente, algunha xa coñecida por Hadrián e por vós: Magín Blanco, Xoán Curiel ou Sérgio Tannus, mais tamén Chus Domínguez, Najla Shami, Aline Frazäo, Tatán Cunha, Carlos Blanco, Belén Cid, António Zambujo, X.M.Budiño, Joäo Afonso, Rui David, Luanda Cozetti, Inês Salselas..
| Hadrián coa súa amiga Mónica. |
| Unha mostra do marabilloso traballo: fotografía e poesía musicada. |
.
Aquí podedes ver unha versión dixital deste fermoso libro-disco-dvd: CORASÓNSquarta-feira, 26 de fevereiro de 2014
quinta-feira, 20 de fevereiro de 2014
quarta-feira, 15 de janeiro de 2014
HADRIÁN RECOMENDA
Que sorte ten Hadrián!!! Estivo con Xoán Curiel, unha persoa cunha sensibilidade especial.
Xoán fai pop galego con influencias de world music.
Participa en numerosos proxectos individuais e colectivos. As súas cancións agochan sorpresas agradables: instrumentacións cálidas, arranxos atrevidos, influencias da música étnica e letras conectadas co presente. Magnético Zen é o seu último álbum, no que ofrece a súa particular visión crítica do caos no que se atopa inmersa a sociedade actual. Espero que vos guste!!
http://www.xoancuriel.com/
Xoán fai pop galego con influencias de world music.
Participa en numerosos proxectos individuais e colectivos. As súas cancións agochan sorpresas agradables: instrumentacións cálidas, arranxos atrevidos, influencias da música étnica e letras conectadas co presente. Magnético Zen é o seu último álbum, no que ofrece a súa particular visión crítica do caos no que se atopa inmersa a sociedade actual. Espero que vos guste!!
http://www.xoancuriel.com/
domingo, 29 de dezembro de 2013
HADRIÁN RECOMENDA...
Hadrián ten moitísima sorte. Esta vez estivo con Sés e a súa banda. E quen é Sés? Pois María Xosé Silvar, unha rapaza cunha enerxía tremenda, unhas letras marabillosas e uns directos espectaculares.
Ten publicado ADMIRANDO A CONDICIÓN e CO XENIO DESTROZADO, dous magníficos traballos cheos de poesía, forza, Galicia, muller, palabras cheas de paixón.
Mergulládevos na rede e despois envexaredes a Hadrián. Seguro!!!
http://www.coxeniodestrozado.com/
Fran Sanz: baixo.
Tito Calviño: guitarras.
Marcos Pazo: batería e percusión.
Ten publicado ADMIRANDO A CONDICIÓN e CO XENIO DESTROZADO, dous magníficos traballos cheos de poesía, forza, Galicia, muller, palabras cheas de paixón.
| Fran Sanz e Tito Calviño con Hadrián |
http://www.coxeniodestrozado.com/
Fran Sanz: baixo.
Tito Calviño: guitarras.
| Marcos Pazo |
Marcos Pazo: batería e percusión.
domingo, 15 de dezembro de 2013
HADRIÁN RECOMENDA...
Este Hadrián é un sortudo. A que non sabedes a onde foi hai uns días? Pois ao concerto de ESPIDO!!! Sensibilidade pura e fermosura a moreas. Se ll queredes facer un agasallo a alguén especial, non atoparedes outro mellor. Espido son Guadi Galego e Guillerme Fernández, voz e guitarra. Un traballo feito desde e para o corazón.
Mergulládevos na rede e atoparedes moitos proxectos dos que forman parte, xuntos ou por separado: Berrogüeto, Leilía, Cempés, Acadacanto...
Xa o escoitamos na aula varias veces pero aquí vos vai unha mostra para que a poñades na casa e despois contádesme : http://www.youtube.com/watch?v=96HBnCPvZEI
domingo, 8 de dezembro de 2013
HADRIÁN RECOMENDA
Hai uns días Hadrián tivo a sorte de coñecer a Magín Blanco e a Leandro Lamas. E diredes vós? Quen son estes? Pois Magín é un marabilloso músico ourensán autor de A NENA E O GRILO NUN BARQUIÑO (sóavos a canción Unha vez había un dragón...? Siiiiiiii ese é!!!). E Leandro é o magnífico ilustrador deste libro. É un libro disco fantástico composto por 13 cancións, 13 contos e 13 actividades para facer coas vosas irmás e irmáns máis pequechos.
Para saber máis de Magín Blanco: http://www.maginblanco.blogspot.com.es/ ou tamén http://tributomaginblanco.bandcamp.com/ e tamén podedes buscar pola rede e atoparedes marabillas.
Para saber máis de Leandro Lamas: http://www.leandrolamas.blogspot.com.es/ ou http://leandro-lamas.artelista.com/ ou mergulládevos na rede para sorprendervos.
HADRIÁN RECOMENDA
Hadrián móvese moito por Galiza e coñece moitas persoas do mundo da cultura. É moi atrevido e ás veces pídelles que se fotografen con el. Por iso eu vou aproveitar a pillería de Hadrián para facervos recomendacións semanais. Espero que vos gusten.
sábado, 6 de abril de 2013
Subscrever:
Mensagens (Atom)

