Este luns pasamos unha tarde fantástica escoitando a Vicente Feijoo Ares falar de toponimia do noso concello, Cambre. Fíxonos unha magnífica presentación e con el aprendemos un montón de curiosidades sobre a toponimia deste concello.
Como el ben dixo, é importantísimo coidar que non se perdan os topónimos porque forman parte da nosa cultura. Detrás deles hai historias que non están recollidas en ningures e nós, vós principalmente, temos a importante misión de recuperalos e conservalos. Así que veña! a empezar a falar coas avoas, avós para que vos conten a historia que vos rodea. Espero esas historias sobre topónimos con ansia!!!!!!
Esta foi a presentación que nos deixou. Aquí a tedes para ensinarlla a quen queirades ou para vela vós. Grazas, Vicente, polo teu traballo, esforzo e xenerosidade. Esperamos que volvas contarnos máis curiosidades sobre os litotopónimos!!!
Aquí vos deixo un par de momentos (a verdade é que escollín fatal a fotógrafa ;) !!!!!!!)
Sem comentários:
Enviar um comentário