Pesquisar neste blogue

Mostrar mensagens com a etiqueta Magín Blanco. Mostrar todas as mensagens
Mostrar mensagens com a etiqueta Magín Blanco. Mostrar todas as mensagens

quarta-feira, 14 de setembro de 2022

O abecedario

 Todas as linguas teñen un abecedario e nosa non ía ser diferente. Aquí deixo o vídeo co que imos comezar a traballar: "o abecedario" de Magín Blanco.

 Lembrade que o nome das letras é masculino!!!

 

O reto de Esther no Tik Tok! Atréveste a superala?

@digochoeu Así é o alfabeto galego #DígochoEu #galego #oretodoalfabeto #Galicia #TVG ♬ original sound - #DígochoEu

O alfabeto de Esther. E o teu?

sexta-feira, 7 de março de 2014

HADRIÁN RECOMENDA...

Uxía Senlle e Isabel Leal con Hadrián
Vimos de rematar febreiro, o mes do corazón, e estamos na véspera do 8 de marzo, día da muller. Que mellor ocasión para que Hadrián vos presente a Mónica e tamén esta mestura de corazóns musicais que iniciaron dúas mulleres.
No limiar de CORASÓNS Uxía di "todo comezou no Facebook, onde atopei esta marabillosa fotógrafa que traballa de mestra nun cárcere da cidade de Porto..." Así se inicia un fermoso proxecto de amizade e música. O noso Adrián que é un sortudo coñeceu a Uxía Senlle e a Isabel Leal que, sen elas, nada sería igual. Un libro para ler, un CD para escoitar, un DVD para mirar e un proxecto co que gozar.
Mais neste proxecto colabora moita xente, algunha xa coñecida por Hadrián e por vós: Magín Blanco, Xoán Curiel ou Sérgio Tannus, mais tamén Chus Domínguez, Najla Shami, Aline Frazäo, Tatán Cunha, Carlos Blanco, Belén Cid, António Zambujo, X.M.Budiño, Joäo Afonso, Rui David, Luanda Cozetti, Inês Salselas..

Hadrián coa súa amiga Mónica.
Unha mostra do marabilloso traballo: fotografía e poesía musicada.
.
Aquí podedes ver unha versión dixital deste fermoso libro-disco-dvd: CORASÓNS


domingo, 8 de dezembro de 2013

HADRIÁN RECOMENDA

Hai uns días Hadrián tivo a sorte de coñecer a Magín Blanco e a Leandro Lamas. E diredes vós? Quen son estes? Pois Magín é un marabilloso músico ourensán autor de A NENA E O GRILO NUN BARQUIÑO (sóavos a canción Unha vez había un dragón...? Siiiiiiii ese é!!!). E Leandro é o magnífico ilustrador deste libro. É un libro disco fantástico composto por 13 cancións, 13 contos e 13 actividades para facer coas vosas irmás e irmáns máis pequechos.
Para saber máis de Magín Blanco: http://www.maginblanco.blogspot.com.es/ ou tamén http://tributomaginblanco.bandcamp.com/ e tamén podedes buscar pola rede e atoparedes marabillas.
Para saber máis de Leandro Lamas: http://www.leandrolamas.blogspot.com.es/ ou http://leandro-lamas.artelista.com/ ou  mergulládevos na rede para sorprendervos.