ROMASANTA: O SOL DA CORDA: Roi Casal interpreta a Díaz Castro:
Pesquisar neste blogue
quarta-feira, 21 de maio de 2014
quarta-feira, 9 de abril de 2014
Vicente Feijoo Ares
Este luns pasamos unha tarde fantástica escoitando a Vicente Feijoo Ares falar de toponimia do noso concello, Cambre. Fíxonos unha magnífica presentación e con el aprendemos un montón de curiosidades sobre a toponimia deste concello.
Como el ben dixo, é importantísimo coidar que non se perdan os topónimos porque forman parte da nosa cultura. Detrás deles hai historias que non están recollidas en ningures e nós, vós principalmente, temos a importante misión de recuperalos e conservalos. Así que veña! a empezar a falar coas avoas, avós para que vos conten a historia que vos rodea. Espero esas historias sobre topónimos con ansia!!!!!!
Esta foi a presentación que nos deixou. Aquí a tedes para ensinarlla a quen queirades ou para vela vós. Grazas, Vicente, polo teu traballo, esforzo e xenerosidade. Esperamos que volvas contarnos máis curiosidades sobre os litotopónimos!!!
Aquí vos deixo un par de momentos (a verdade é que escollín fatal a fotógrafa ;) !!!!!!!)
segunda-feira, 31 de março de 2014
sexta-feira, 28 de março de 2014
sexta-feira, 7 de março de 2014
HADRIÁN RECOMENDA...
| Uxía Senlle e Isabel Leal con Hadrián |
Vimos de rematar febreiro, o mes do corazón, e estamos na véspera do 8 de marzo, día da muller. Que mellor ocasión para que Hadrián vos presente a Mónica e tamén esta mestura de corazóns musicais que iniciaron dúas mulleres.
No limiar de CORASÓNS Uxía di "todo comezou no Facebook, onde atopei esta marabillosa fotógrafa que traballa de mestra nun cárcere da cidade de Porto..." Así se inicia un fermoso proxecto de amizade e música. O noso Adrián que é un sortudo coñeceu a Uxía Senlle e a Isabel Leal que, sen elas, nada sería igual. Un libro para ler, un CD para escoitar, un DVD para mirar e un proxecto co que gozar.
Mais neste proxecto colabora moita xente, algunha xa coñecida por Hadrián e por vós: Magín Blanco, Xoán Curiel ou Sérgio Tannus, mais tamén Chus Domínguez, Najla Shami, Aline Frazäo, Tatán Cunha, Carlos Blanco, Belén Cid, António Zambujo, X.M.Budiño, Joäo Afonso, Rui David, Luanda Cozetti, Inês Salselas..
| Hadrián coa súa amiga Mónica. |
| Unha mostra do marabilloso traballo: fotografía e poesía musicada. |
.
Aquí podedes ver unha versión dixital deste fermoso libro-disco-dvd: CORASÓNSquarta-feira, 26 de fevereiro de 2014
Subscrever:
Mensagens (Atom)