Pesquisar neste blogue

segunda-feira, 25 de outubro de 2021

Os xéneros literarios

Aquí tes as instrucións para facer a seguinte tarefa. Podes facela nunha cartolina como se fose un lapbook, en folios ou nunha presentación. Tamén podes buscar outras opcións. Imaxinación!!! 

Data de entrega o mércores 3 de novembro.


 

domingo, 15 de novembro de 2020

Dicionario de dúbidas castelán-galego

 Bo día!

Nova ferramenta que nos vai vir xenial. Dicionario en liña castelán-galego de Rinoceronte Editora. 

Rinoceronte é unha editorial centrada, principalmente, na tradución ao galego. O seu director, Moisés Barcia, ten dito que o dicionario naceu da necesidade que o persoal tradutor tiña de acceder ás formas correctas en galego, especialmente daqueles conceptos que están máis estendidos (case interiorizados) en castelán. Polo tanto, a xenerosidade do grupo editorial é dobre: á parte de permitir a consulta gratuíta, pública e universal do valor engadido durante estes anos, desenvolveu unha ferramenta actual, fácil de usar, robusta e rápida mercé aos seus propios recursos, sen ningún apoio institucional ou patrocinio cultural.