Tiñamos pendente publicar esta visita fantástica á Casa Museo Picasso da man d´Os náufragos teatro a través do proxecto VINTE 23. Visións, soños e mentiras.
O mellor é que sexan as vosas palabras as que opinen:
Encantoume como contaban a historia e o teatro (R.M.)
Aprendín como era a vida na Coruña e un pouco máis sobre Picasso (G.M)
Foi unha actividade moi entretida e interesante que nos deu moita información sobre a forma de vida e as obras que antes descoñeciamos sobre un pintor tan icónico como Picasso que tamén deixou marca na historia da Coruña. A mellor parte da excursión foi a representación do que lle ocorreu á irmá de Picasso (M.F.)
O que máis me gustou foi a actuación de Conchita cando morría, cando ían cunha máscara de touro e tamén me gustou moito a actuación de cando foi o médico á casa de Picasso para ver como estaba a súa irmá e o tratamento que lle ían dar (L.L.)
O que máis me gustou foi cando tivemos que construír unha pomba de origami (D.L.)
Pareceume unha experiencia moi interesante e diferente ao que facemos normalmente (E.I.)
Encantaríame ter máis oportunidades coma esta para aprender máis sobre personaxes históricos galegos (C.N.)
Deixamos aquí un pequeno vídeo cheo de momentos para a lembraza despois das vosas valoracións tan positivas.
Sem comentários:
Enviar um comentário