Pesquisar neste blogue

domingo, 30 de março de 2025

Visita á Domus e ao Aquarium Finisterrae

 O xoves 27 de marzo xunto co alumnado de PDC visitamos a Domus e o Aquarium Finisterrae da Coruña. Tivemos unha mañá de sol fantástica. Aproveitamos moito a mañá e serviunos para aprender, divertirnos e convivir. Pasámolo xenial!


 

quarta-feira, 19 de março de 2025

Andorra

 Como as compañeiras e compañeiros de 3º están de viaxe en Andorra, o alumnado de PDC fixo esta presentación sobre o país. A ver se vos gusta!




 

quinta-feira, 13 de março de 2025

Aves de Galicia

As nosas compañeiras e compañeiros do Eusebio da Guarda enviáronnos unha sopa de letras sobre aves de Galicia. Con elas nós fixemos esta presentación. Que vos parece??


 

terça-feira, 18 de fevereiro de 2025

Educación ambiental

 O alumnado de 3º de ESO (PDC) fixo un roteiro polo parque de Eirís para coñecer a flora, a fauna e o contorno en que vive. 

A actividade foi dirixida por Manuel e está dentro do proxecto de educación ambiental que leva o concello da Coruña para educar, sensibilizar e divulgar a toda a veciñanza e especialmente á rapazada. 

Foron dúas horas moi entretidas e produtivas. Sen dúbida, repetiremos! Grazas, Manuel!
















quarta-feira, 12 de fevereiro de 2025

INNOVART 2025

O xoves día 6 o alumnado de 1º de bacharelato visitou no Gaiás o INNOVART 2025. Trátase dunha excelente ocasión para coñecer o potencial das ensinanzas artísticas, de idiomas e deportivas que se ofrecen en Galicia, xa que conta con material expositivo e actividades interactivas de: arte dramática, artes plásticas e deseño, conservación e restauración de bens culturais, danza, ensinanzas deportivas, idiomas e música. Houbo tamén concertos, conferencias e espectáculos escénicos.

Unha mañá fantástica!!!


 













Visita ao MUDITEL

O luns 10 fomos de visita ao MUDITEL (Museo didáctico de telecomunicacións. Este museo está moi cerca do instituto e non o coñeciamos. É unha pequena xoia pois amosa a evolución das telecomunicacións ao longo do tempo. Neste caso foi Félix o noso guía, hai que ter en conta que son persoas xubiladas de Telefónica as que abren e ensinan o museo.

É percorrido pola historia da telefonía e das telecomunicacións dende Graham Bell ata a fibra óptica, explorando os equipos e dispositivos que foron dando servizo a través do tempo ata a actualidade e que aínda se atopan operativos. 

Trátase dunha visita dinámica na que, a través de demostracións, puidemos coñecer en primeira persoa o funcionamento de diversos elementos históricos que abarcan todas as disciplinas das telecomunicacións vencelladas ao servizo telefónico, como telégrafos, terminais telefónicos, centrais, cables ou radios.