Pesquisar neste blogue

quinta-feira, 28 de dezembro de 2023

Casa Museo Picasso

 Tiñamos pendente publicar esta visita fantástica á Casa Museo Picasso da man d´Os náufragos teatro a través do proxecto VINTE 23. Visións, soños e mentiras.

O mellor é que sexan as vosas palabras as que opinen:

Encantoume como contaban a historia e o teatro (R.M.)

Aprendín como era a vida na Coruña e un pouco máis sobre Picasso (G.M)

Foi unha actividade moi entretida e interesante que nos deu moita información sobre a forma de vida e as obras que antes descoñeciamos sobre un pintor tan icónico como Picasso que tamén deixou marca na historia da Coruña. A mellor parte da excursión foi a representación do que lle ocorreu á irmá de Picasso (M.F.)

O que máis me gustou foi a actuación de Conchita cando morría, cando ían cunha máscara de touro e tamén me gustou moito a actuación de cando foi o médico á casa de Picasso para ver como estaba a súa irmá e o tratamento que lle ían dar (L.L.)

O que máis me gustou foi cando tivemos que construír unha pomba de origami (D.L.)

Pareceume unha experiencia moi interesante e diferente ao que facemos normalmente (E.I.)

Encantaríame ter máis oportunidades coma esta para aprender máis sobre personaxes históricos galegos (C.N.)

 




 

 

 

 

 

Deixamos aquí un pequeno vídeo cheo de momentos para a lembraza despois das vosas valoracións tan positivas.

quarta-feira, 20 de dezembro de 2023

Traballo de lectura de 1º ESO

Podedes escoller entre os seguintes:

As meigas de Lupa de María Solar.

O castañeiro de abril de Antonio Manuel Fraga.

Os Megatoxos e o aprendiz de druída de Anxo Fariña.

Propoño dúas opcións de tarefa (escollede 1) que despois teredes que expoñer na clase. Prazo límete de entrega: 26 de xaneiro.

1ª Proposta: Aproveito o vídeo tan chulo que fixo Vanesa para presentarllo ao seu alumnado no 1º trimestre. Grazas, Vanesa!

2ª proposta:

- Diario viaxeiro: esta é o outra opción de tarefa. Trátase de ir lendo e ir anotando os pensamentos, as sensacións, as accións, as viaxes... todo o que nos chame a atención dos personaxes e plasmar todo iso nun diario mesturando imaxes, textos, texturas... O obxectivo é o mesmo que o anterior poder saber o argumento do libro só con ler o diario.

Debedes realizar a lectura da novela e a escrita do caderno de viaxe en paralelo.

Escribide as reflexións que farían as personaxes, os sentimentos que lles espertaron, os momentos vividos, as opinións sobre un tema determinado, as discusións que tiveron...

Incluíde ilustracións, recortes, obxectos variados, fotografías, poemas, cancións que vos suxira, lettering, colaxes...

 ImagenImagenDiario de lectura: cuando la lectura se convierte en una vivencia

Traballo lectura (3º ESO)

 Día límite de entrega: venres 19 de xaneiro. Despois haberá que expoñelos na aula.

 Vouvos explicar un pouco máis a tarefa que debedes facer despois de ler o libro. Escollede unha das dúas.

- Knolling literario: o knolling é unha técnica fotográfica que consiste en escoller unha composición de obxectos dispostos de tal maneira que cada un estea a 90º entre si. Despois trátase de tirar unha fotografía cenital.

Nós imos facelo pero literario. Trátase de analizar e representar o libro que lemos mediante obxectos (mínimo 8) que simbolizan ideas, personaxes, espazos, accións, etc.

Buscade un espazo despexado e con luz, pode ser no chan, na mesa...

Observade todos os obxectos que tedes ao redor e pensade os que vos lembre o libro que queredes representar.

Colocádeos de forma ordenada coa mesma distancia entre un e outro, priorizade os obxectos en paralelo e nun ángulo de 90º graos visto desde arriba (perspectiva cenital), de tal forma que resuman o argumento do libro nun vistazo.

Sacade unha foto que me podedes enviar ao correo ou á aula virtual. 

Despois colocádeos nunha caixa ou similar para levar á clase e explicar todo o conxunto e os motivos da vosa elección.

 Knolling Literario, Gamificación en ESO: Colegio Bérriz Las Rozas Knolling Literario, Gamificación en ESO: Colegio Bérriz Las Rozas

Como hacer Knolling: el arte de organizar las cosas perfectamente

- Diario viaxeiro: esta é o outra opción de tarefa. Trátase de ir lendo e ir anotando os pensamentos, as sensacións, as accións, as viaxes... todo o que nos chame a atención dos personaxes e plasmar todo iso nun diario mesturando imaxes, textos, texturas... O obxectivo é o mesmo que o anterior poder saber o argumento do libro só con ler o diario.

Debedes realizar a lectura da novela e a escrita do caderno de viaxe en paralelo.

Escribide as reflexións que farían as personaxes, os sentimentos que lles espertaron, os momentos vividos, as opinións sobre un tema determinado, as discusións que tiveron...

Incluíde ilustracións, recortes, obxectos variados, fotografías, poemas, cancións que vos suxira, lettering, colaxes...

 

Poñede a data cada vez que iniciedes unha entrada.


 ImagenDiario de lectura: cuando la lectura se convierte en una vivencia

terça-feira, 12 de dezembro de 2023

Pílulas informativas (1º ESO)

 Aquí vai a información sobre o traballo do campo semántico que hai que facer este Nadal. Cada vídeo ten que ter mínimo 10 palabras do campo semántico que elixades.Tedes de prazo ata o día 12 de xaneiro de 2024.

Preme: pílulas informativas


Déixovos un par de modelos pero... xa sabedes: imaxinación e creatividade!!!!

Enviádeme as propostas a alumnadomeu@gmail.com ou por we transfer. Ánimo!!!!


segunda-feira, 20 de novembro de 2023

terça-feira, 14 de novembro de 2023

O substantivo

 Repasiño para a clasificación dos substantivos. Anímaste?

Aquí tedes máis repaso pero coidado!!! Hai algúns erros, seredes quen de recoñecelos? Anotádeos no caderno!