Pesquisar neste blogue

quinta-feira, 13 de fevereiro de 2014

Helena Villar Janeiro, marabillosa muller, creou este blog para axudarnos a mellorar a lingua. Botádelle un ollo: GALEGO NA REDE.

quarta-feira, 5 de fevereiro de 2014

HADRIÁN RECOMENDA

Sabedes con quen está Hadrián? Pois cun brasilego chamado Sérgio Tannus. Si, si, lestes ben brasilego, así se define el pois leva tantos anos aquí que xa é un galego máis pero non esquece as súas raíces brasileiras. É un dos artistas máis completos, autodidacta e virtuoso en varios instrumentos: guitarras, violões, baixos, cavaquinho, bandolim e percusións. Buscade pola rede e sorprenderédesvos!




quarta-feira, 15 de janeiro de 2014

HADRIÁN RECOMENDA

Que sorte ten Hadrián!!! Estivo con Xoán Curiel, unha persoa cunha sensibilidade especial.
Xoán fai pop galego con influencias de world music.
Participa en numerosos proxectos individuais e colectivos. As súas cancións agochan sorpresas agradables: instrumentacións cálidas, arranxos atrevidos, influencias da música étnica e letras conectadas co presente. Magnético Zen é o seu último álbum, no que ofrece a súa particular visión crítica do caos no que se atopa inmersa a sociedade actual. Espero que vos guste!! 
http://www.xoancuriel.com/





domingo, 29 de dezembro de 2013

HADRIÁN RECOMENDA...

Hadrián ten moitísima sorte. Esta vez estivo con Sés e a súa banda. E quen é Sés? Pois María Xosé Silvar, unha rapaza cunha enerxía tremenda, unhas letras marabillosas e uns directos espectaculares.
Ten publicado ADMIRANDO A CONDICIÓN e CO XENIO DESTROZADO, dous magníficos traballos cheos de poesía, forza, Galicia, muller, palabras cheas de paixón.
Fran Sanz e Tito Calviño con Hadrián
Mergulládevos na rede e despois envexaredes a Hadrián. Seguro!!!
http://www.coxeniodestrozado.com/

Fran Sanz: baixo.
Tito Calviño: guitarras.

Marcos Pazo

















Marcos Pazo: batería e percusión.

domingo, 15 de dezembro de 2013

HADRIÁN RECOMENDA...

Este Hadrián é un sortudo. A que non sabedes a onde foi hai uns días? Pois ao concerto de ESPIDO!!! Sensibilidade pura e fermosura a moreas. Se ll queredes facer un agasallo a alguén especial, non atoparedes outro mellor. Espido son Guadi Galego e Guillerme Fernández, voz e guitarra. Un traballo feito desde e para o corazón.
Mergulládevos na rede e atoparedes moitos proxectos dos que forman parte, xuntos ou por separado: Berrogüeto, Leilía, Cempés, Acadacanto...
Xa o escoitamos na aula varias veces pero aquí vos vai unha mostra para que a poñades na casa e despois contádesme : http://www.youtube.com/watch?v=96HBnCPvZEI