Lembrade o resumo que vos mandei facer das páxinas 100, 101, 102 e 103 (aínda que xa ten que estar feito, recórdovolo por se acaso).
Tamén tedes que facer os exercicios do vocabulario das páxinas 130 e 131 e os de gramática das páxinas 132 e 133.
Pesquisar neste blogue
sábado, 31 de março de 2012
quarta-feira, 28 de março de 2012
Libros de lectura do 3º trimestre
Aproveitade as vacacións para adiantar as lecturas:
NEIRA CRUZ, Xosé A.: O armiño dorme
MAGÁN, Agustín, Farsa plautina
Días das probas de lectura:
O armiño dorme, o martes 24 de abril.
Farsa plautina, o xoves 24 de maio.
NEIRA CRUZ, Xosé A.: O armiño dorme
MAGÁN, Agustín, Farsa plautina
Días das probas de lectura:
O armiño dorme, o martes 24 de abril.
Farsa plautina, o xoves 24 de maio.
Notas finais 2ª avaliación
- Sergio B. 6
- Samuel 4
- Sergio C. 5
- Andrés 3
- Raúl 9
- Damián 5
- Elena 2
- Lucía 3
- Miguel 1
sábado, 10 de março de 2012
Citas que escolleron sobre a poesía
Cada lector busca algo no poema, e non é insólito que o encontre: xa o levaba dentro.
"La poesía no tiene tiempo, el que la lee la rescata, la hace presente y luego la regresa a su eternidad" Doménico Cieri Estrada
Poesía é a unión de dúas palabras que un nunca soubo que puideran xuntarse, e que forman algo así como un misterio.
Atopei unha cita de Carmen Conde, que para min expresa moi ben o que é a poesía: "A poesía é o sentimento que lle sobra ao corazón e che sae pola man."
Mentres que haxa un poeta,a poesía existirá.
"O verdadeiro poeta é o que inspira": esta foi a cita sobre a poesía que máis me gustou.
Eu sei que a poesía é imprescindible,pero non sei para que.(Jean Cocteau)
É imposible traducir a poesía.Acaso se pode traducir a música?
A poesía é o sentimento que lle sobra ao corazón.
O alumnado reflexiona sobre o que é, para el, a poesía.
A poesía é a forma de expresar os teus sentimentos ou inquietudes a través de rimas.
A poesía é unha forma que ten para expresarse o ser humano na cultura.
Para mi la poesia es una forma de exponer los sentimientos y sueños de cada uno.
Para min a poesía é a forma de contar a vida dunha maneira máis bonita. Tamén é a forma de falar dos poetas nunha linguaxe moi rebuscada.
A poesía é unha maneira de expresar os teus sentimentos dunha maneira máis elegante.
Para min, a poesía é unha forma de expresar os sentimentos máis íntimos, xeralmente relacionados co amor.
É a mellor forma de comunicarte con alguén, a quen lle queres transmitir os teus pensamentos ou sentimentos dunha forma máis pura e sincera.
Para min a poesía é unha forma de expresar sentimentos ás demais persoas.
A poesía é a forma na que o poeta expresa os seus sentimentos.
A poesía é a porta de saída dos sentimentos, os cales poden embelesar a calquera, sexa da idade que sexa. A poesía é falar dos sentimentos.
A poesía é unha forma de contar a túa historia.
quarta-feira, 29 de fevereiro de 2012
Obradoiro de escrita creativa.
Imos comezar unha actividade que nos vai levar bastantes días. Aquí vouvos ir propoñendo as actividades e vós iredes achegando os vosos resultados a través dos comentarios.
O primeiro que imos facer é reflexionar sobre a idea de poesía.
Poesía es ti, dixo Bécquer.
E agora vos:
a) Busca unha sentencia sobre poesía.
b) Responde: que é para ti a poesía?
Subscrever:
Mensagens (Atom)

