Pesquisar neste blogue

sábado, 10 de março de 2012

O alumnado reflexiona sobre o que é, para el, a poesía.

A poesía é a forma de expresar os teus sentimentos ou inquietudes a través de rimas.

A poesía é unha forma que ten para expresarse o ser humano na cultura.

Para mi la poesia es una forma de exponer los sentimientos y sueños de cada uno.

Para min a poesía é a forma de contar a vida dunha maneira máis bonita. Tamén é a forma de falar dos poetas nunha linguaxe moi rebuscada.

A poesía é unha maneira de expresar os teus sentimentos dunha maneira máis elegante.

Para min, a poesía é unha forma de expresar os sentimentos máis íntimos, xeralmente relacionados co amor.

É a mellor forma de comunicarte con alguén, a quen lle queres transmitir os teus pensamentos ou sentimentos dunha forma máis pura e sincera.

Para min a poesía é unha forma de expresar sentimentos ás demais persoas.

A poesía é a forma na que o poeta expresa os seus sentimentos.

A poesía é a porta de saída dos sentimentos, os cales poden embelesar a calquera, sexa da idade que sexa. A poesía é falar dos sentimentos.

A poesía é unha forma de contar a túa historia.

quarta-feira, 29 de fevereiro de 2012

Obradoiro de escrita creativa.

Imos comezar unha actividade que nos vai levar bastantes días. Aquí vouvos ir propoñendo as actividades e vós iredes achegando os vosos resultados a través dos comentarios.
O primeiro que imos facer é reflexionar sobre a idea de poesía.

Poesía es ti, dixo Bécquer.

Tratar de definir poesía é como querer medir a intensidade do mar di Ánxeles Penas.

E agora vos:
a) Busca unha sentencia sobre poesía.
b) Responde: que é para ti a poesía?

Recitando.

Marcos Calveiro vén ao instituto o luns 5 de marzo.

Este trimestre lemos O pintor do sombreiro de malvas de Marcos Calveiro. Aquí vos deixo unha explicación do autor dos motivos que o levaron a escribir e a facelo en galego.



E ti como ligas en galego???