Pesquisar neste blogue
quinta-feira, 22 de outubro de 2015
ENIGMA
Alicia no Bosque do Esquecemento (1)
No libro Alicia do outro lado do espello de Lewis Carroll (pseudónimo do profesor de Lóxica e Matemáticas Charles Ludwige Dodgson), a súa protagonista tivo que adentrarse nun tenebroso bosque, chamado o Bosque do Esquecemento, un lugar no que un podía esquecer o seu propio nome e, por suposto, tamén o día da semana en que estaba.
Velaquí un divertido enredo lóxico que nunca chegou a ser incluído nese capítulo da fascinante obra de Carroll. Cando dous extraños animais habitantes do Bosque do Esquecemento, un león e un unicornio, se atoparon con Alicia, quixeron darlle algunha pista para saber o día en que se atopaba.
O león mentía os luns, os martes e os mércores, e dicía a verdade os outros días da semana.
O unicornio mentía os xoves, os venres e os sábados, e dicía a verdade os restantes días da semana.
Os dous faláronlle así á rapaza:
—Onte foi un dos días en que me tocaba mentir —dixo o león.
—Onte tamén foi un dos días en que me tocaba mentir a min —engadiu o unicornio.
A aguda Alicia non tardou moito en deducir, a partir destes comentarios, que día da semana era.
Cal era esa día? (1)
Adaptado de ¿Cómo se llama este libro?, Raymond Smullyan
TIRADO DE XOGOS DE LINGUA
Subscrever:
Enviar feedback (Atom)
Sem comentários:
Enviar um comentário