Pesquisar neste blogue

quinta-feira, 17 de novembro de 2011

Ánimo Dépor!!!

Hoxe presenteille á rapazada esta aplicación de photopeach e pedinlles que fixesen un proba para ver se eran quen de facelo. Andrés fixo esta proposta ben completa. A ver se vos gusta!!


ÁNIMO DEPOR! on PhotoPeach

sábado, 5 de novembro de 2011

Para os galegofalantes!!!

Esta presentación fíxoa o curso pasado un alumno de 1º da ESO, Álvaro. É unha reflexión que el fai despois de traballarmos os prexuízos. Grazas, Álvaro polo teu esforzo, traballo e reflexión. A ver que vos parece!!!

Educando coas TIC

Ando navegando nun curso que ten como obxectivo aprender lingua e literatura utilizando as TIC. Unha das tarefas é a elaboración dunha entrada que teña que ver coa educación e co uso das novas tecnoloxías... E eu pensei (si, ás veces penso je je) que mellor uso que propoñer nesta entrada iso mesmo. Explícome. Este blog quere ser unha ferramenta de aula, pois ímola utilizar.
Sabedes que unha das miñas teimas é que leades. E unha das vosas é non ler! Así que esta é a miña proposta:
1º paso: botádelle un ollo a esta blog: kuentalibros
2º paso: vede este poema visual:



3º paso animádevos a ler e a ver que se vos ocorre!!! Eu xa estou pensando!!!